sábado, febreiro 27, 2010

Desconvocada a Concentración do Comité Cidadán, deste Sábado 27 de Febreiro

Tags

Segundo informa o Comité Cidadán de Emerxencia, este Sábado 27 de Febreiro de 2010, estaba prevista a entrada do gaseiro nº 61, cargado con GNL-LNG para suministrar á Planta de Reganosa. Agardaba-se ao xa coñecido "Hispania Spìrit", un buque metanero de grande porte, 279 metros de eslora e 43,4 de manga, con un calado de 12,12 metros e 26,02 de puntal, a capacidade deste buque -140.000m³- está no límite da permitida polas normas da Capitanía Marítima de Ferrol para poder entrar na Ría.



[O "Hispania Spirit" atracado en Reganosa, en Xuño deste 2009
Clicar acima da foto para ampliar
]


Diante deste anuncio de entrada do citado buque, o  Comité Cidadán de Emerxencia convocou a correspondente acción de protesta e denuncia, para o mesmo día, diante do Edifício Administrativo da Xunta, na Praza Amada García de Ferrol, mais como a Administración declarou, por mor das condicións atmosféricas, un estado metereolóxico adverso con nivel de "Alerta Vermella", para toda Galiza, o Comité Cidadán, decidiu desconvocar a concentración anunciada.

Supoñemos que o buque non entrará na Ría, dado que o anuncio de comezo do temporal está para o mediodía, e segundo as normas da Capitanía Marítima, o buque ten que entrar de día, en pleamar e con marea morta, e a Pleamar Diurna, segundo os datos das mareas da Autoridade Portuaria, é ás 15:29 horas cunha altura de 3.95 metros.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de fevereiro de 2010 20:28
_____________________

Nivel vermello: O risco meteorolóxico é extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais de intensidade excepciona). Intervalo horario: Desde as 12h. do día 27/02/2010 até as 00h. do día 28/02/2010. Comentarios: Vento de compoñente sur rolando a noroeste, forza 10. Refachos que puntualmente superaran os 140 km/h.

Documentos:
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon