domingo, febreiro 28, 2010

Exposición Ex Aequo do 1 ao 15 de Marzo no Inferniño, no Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero


EXPOSICIÓN MULLER E A CIENCIA

Esta Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, coincindo neste mes de Marzo co DÍA DA MULLER TRABALLORA, quere conmemorar e adicar o noso recoñecemento as mulleres que loitaron polos seus dereitos e igualdade sociais.

Este é o caso das mulleres do século XIX dende a perpectiva científica.

A Asociación veciñal O Rosario- Inferniño en colaboración coa Concellaría de Educación ten o precer de presentar a seguinte actividade destinada ó público en xeral pero con especial atención ós estudantes de distintos niveis educativos (6º de E.P., ESO, Bacharelato, F.P. e Universidade).

Ciencia Ex AEQUO (Ciencia por igual)

  • Exposición de pintura
  • Autora: Margarita Cimadevila
  • Organiza : A.Veciñal O Rosário Inferniño / Concellaría de Educación
  • Comisaria da exposición: Ana Jesús López Díaz
  • Centro Cultural Municipal Carvalho Calero
  • Datas: do 1 ao 15 de marzo
  • Presentación a cargo da autora o día 2 de Marzo no salón de actos do Carvalho Calero ás 17:00 (duración aproximada 45 min).

Resumen e obxectivos:

Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magnífico labor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, moitas veces foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dous seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparo en atribuírse os seus traballos. Non é por tanto casualidade que celebremos esta exposición, coincidindo co 8 de Marzo, Día da Muller.

Ciencia EX AEQUO:

Presenta unha selección centrada no século pasado e nos campos da física, química, bioloxía, matemáticas e astronomía, que se concretou en doce científicas do mais alto nível.


A fonte de inspiración da autora foi o feito científico sobre o que esas mulleres traballaron, o que fai que, aínda que todos os cadros tratan de Ciencia, toquen temáticas moi diferentes, que quedan plasmadas en doce lenzos (1x1 m2 técnica mixta) acompañados dunha breve explicación científica e unha nota biográfica.

Conferencia:

A exposición vai acompañada de unha conferencia o día 2 de Marzo ás 17:00 no salón de actos do Carvalho Calero na que a propia autora nos presentará a súa obra, os criterios á hora de seleccionar as científicas ás que rende homenaxe, e o feito científico que tratou de plasmar en cada lenzo.

Esta charla está especialmente orientada os estudantes de secundaria e bacharelato, os que a autora coñece ben dado o seu traballo como profesora, e directora do I.E.S Urbano Lugrís da Coruña.

Invitamos ós institutos de Ferrol a que asistan a esta presentación, ademais da exposición.

Dada o aforo limitado do salón de actos (200 prazas aprox.) aconsellamos ós profesores interesados en asistir se poñan en contacto co concello ou coa A.Veciñal para reservar prazas.

Finalmente os propios feitos científicos que se expresan en cada un dos lenzos e a breve explicación que a autora presenta seguro que provocan a curiosidade dos rapaces; é precisamente a curiosidade o motor do coñecemento científico e do avance da sociedade.

¿Por qué é interesante para os estudantes de secundaria e bacharelato?
Ademais do interese que calquera manifestación artística pode ter na formación integral dos rapaces, esta exposición e a conferencia que a acompaña permite traballar distintos aspectos da súa formación:
  • O Recoñecemento da igualdade entre ambos sexos.
  • A cultura do esforzo e superación que estas mulleres demostraron traballando en condicións adversas.
  • O coñecemento científico como un traballo continuado e concatenado de moita xente ó longo de moitos anos: O traballo destas científicas nacidas no século XIX sentou as bases do coñecemento en temas de tanta actualidade como o ADN, a fisión nuclear, os fenómenos sísmicos...
  • Promover unha visión integradora do mundo a través da conexión entre realidades tan aparentemente distintas como son a ciencia e o arte.

A Autora:

Margarita Cimadevila é natural de Sada, A Coruña, licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como profesora de Física e Química en distintos institutos de Galicia. Actualmente imparte docencia no IES Urbano Lugrís da Coruña, do que é directora.

A súa obra pictórica primeira está fortemente influenciada polas raíces da súa terra.

A raíz da súa participación na HST03, escola de profesores do laboratorio europeo de investigación nuclear, CERN, en Xenebra, a súa obra céntrase en unir os seus dous mundos, presentando una proposta na que Ciencia e Arte se mesturan e entrelazan, que ten un carácter artístico, divulgativo e didáctico

Colaboración da Concellaría de Educación:

• Difundir o acto a través da súa páxina web e xestionar as solicitudes dos centros educativos
para asistiren á exposición e á conferencia de presentación.

• Facilitar trípticos informativos que estarán a disposición dos visitantes á exposición.

A Presidenta
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ asdo.


O Secretario
Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:
Asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
27 de fevereiro de 2010 22:44
_____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon