Hoxe foi colgado na rede, no servidor da Xunta de Galicia, o "Plan de Ordenación do Litoral de Galicia" que foi presdentado en Compostela o pasado 25 de Xaneiro de 2010. O vindeiro 12 de Febreiro está convocada pola administración autonómica unha xunta en Compostela con varias organizacións ecoloxistas onde se lles vai presentar o mencionado Plano de Ordenación.
Supon-se que comeza o período de exposición pública, para poder prersentar alegacións ao mesmo. a Xunta quere te-lo listo antes de finalizar o ano 2010.
Sendo o que publica o xornal vigués Atlántico Diario os plazos resumense:
"Deste xeito, ábrense os trámites de exposición pública do documento e establécense os prazos, co fin de que a aprobación definitiva prodúzase a finais de ano. Entre xaneiro e marzo fíxase o período de audiencia a corporacións e organismos competentes; entre marzo e abril montarase o documento para a aprobación inicial e en maio está previsto que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emita unha orde neste sentido.
Entre xuño e xullo someterase a información pública e a partir de agosto de estudarán as alegacións que se presenten. Tras este trámite producirase a aprobación provisional, que o Consello da Xunta encargarase de facer definitiva. A data prevista para a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG) sitúase, xa que logo, no último mes do ano ".
A presentación do Plano no servidor da Xunta:
- Índice e Presentación
- TITULO I Metodoloxía de elaboración do Plan de Ordenación do Litoral
- TITULO II Síntese Territorial
- TITULO III Paisaxe
- TITULO IV Modelo de xestión
- TITULO V Normativa
- TITULO VI Programa de actuación
- TITULO VII Anexos
- TÍTULO VIII Documentación gráfica
Enlace co sitio na rede:
Documento [10 páxinas en formato -pdf-]:
Documento elaborado polo anterior goberno do PSOE-BNG Avaliación Ambiental Extratéxica [Decembro 2008]:
- Descargar Documento de Inicio POL (13305 Kb)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon