martes, febreiro 02, 2010

A Segunda caravana Reivindicativa de Galiza Non Se Vende chega a Pontedeume que será a súa terceira parada: Sábado 6 de Febreiro de 2010


PONTEDEUME: 3º parada da II Caravana reivindicativa de GNSV

PONTEDEUME 3º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE


    Sábado 6 de Febreiro ás 21:00 no Centro Social Ocupado "A Casa da Estación"

    Actuarán:

    * Inllorfeis - HardCore/ Punk desde Corrubedo
    * Los Krasta - Punk desde Ribeira

    Colaboración : 2 euros

    Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

    A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento… engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostibel”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

    É hora de pararlles os pés a esta panda de corruptos

    Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

    Terra viva e vida digna para tod@s

    http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
    http://galizanonsevende.org/

    Enviado por:
    Edi -duarteferrin@gmail.com-
    2 de fevereiro de 2010 21:12
    ________________________

    2 comentarios

    Que é iso da "clase política" e dicir que é "culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra". En Galiza Non Se Vende, se cadra é que perderon o norte. Hai unha falta importante de análise e rigor político. "Panda de corruptos", todo no mesmo saco. Este texto vale para Falanje Española. Esta deriva ideolóxica non a merece o País nen o noso Povo. Non sei quen será ese Edi Duarte Ferrín, mais coidado cola linguaxe non ten negunha. Xa non falemos na análise política. Quero pensar que é todo un lbasus.

    Tono

    Eu prefiro pensar que o lapsus é o teu, a prática demostra que debemos meter aos/ás politiqueir@s tod@s no mesmo saco. E se non... ahí está reganosa para demostrá-lo:

    tod@s iguais.


    Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

    Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

    Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
    EmoticonEmoticon