REDES EN REDE, TECENDO ALTERNATIVAS.
Xuntanza en Ruesta, prepirineo aragonés do 1 ao 4 de abril.
Chamada ás activistas do decrecemento, da permacultura, da agroecoloxía, das cidades e pobos en transición, da autoxestión, do anarcosindicalismo e outros sindicalismos combativos, da ecoloxía social, da economía solidaria, da autonomía, do vivir sen capitalismo. A todxs xs activistas que se sintan incluidxs.
Para toda a xente que se sinta suficientemente preto para acudir, dende a península ibérica ou arredores.
Unha xuntanza de 4 días, de posta en común e coordinación de todas as redes e movementos que traballan e apostan polas alternativas ao capitalismo, ao autoritarismo e ao patriarcado.
Queremos coñecernos máis e aprender a traballar coordinadxs, tanto no ámbito global, como nos múltiples ámbitos locais e sectoriais. Somos redes novas, non tan novas e veteranas. Temos en común a nosa oposición ao sistema capitalista e a aposta e priorización da construción de alternativas. Agora temos a ocasión de colaborar todxs de xeito máis integral. O mellor xeito de comezar é organizar este evento xuntxs.
Queremos poñer en común e alimentar prácticas que camiñen cara outro xeito de vivir nun tempo crucial dada a crise do sistema.
Exemplificar e multiplicar os proxectos e as coordinacións que existen no local, para avanzar na senda de novos modelos socioeconómicos.
O lugar escollido é Ruesta, pobo da provincia de Zaragoza, a un paso do Pirineo aragonés. Ruesta foi expropiado e desaloxado a causa da construción do embalse de Yesa, que tamén rematou coa vida noutros pobos achegados:
Tiermas e Escó. Este territorio segue a estar ameazado 50 anos despois polo proxecto de crecemento de Yesa, que afectaría gravemente á súa maltratada riqueza cultural e natural. Esta gran obra pública, ademais de ter importantes afectacións sobre o medio ambiente, ameaza xacementos arqueolóxicos e diversos bens culturais protexidos no ámbito do Camiño de Santiago, patrimonio da humanidade dende 1993. O sindicato CGT (Confederación General del Trabajo) autoxestiona a recuperación de Ruesta dende 1988, cando a Confederación Hidrográfica do Ebro lle cedeu o uso do pobo.
En solidaridade coas boas xentes que resisten e loitan polos seus pobos vivos, a xuntanza plantéxase ao mesmo tempo como unha Concentración de 4 días polo decrecemento de Yesa. Pola recuperación natural do río Aragón.
A xuntanza seguirá dinámicas asemblearias, cun programa que incluirá áreas temáticas, áreas transversais e reunións territoriais, e que tentará combinar a presentación previa de documentos, coa autoorganización durante o evento polxs propixs participantes.
Xa contamos cunha proposta de áreas temáticas, que serían as seguintes:
vivenda, economía alternativa e solidaria, traballo asalariado, ecoloxía práctica, soberanía alimentar, educación, enerxía, transporte, saúde, relacións humanas e vida comunitaria, comunicación alternativa, centros sociais e ocio.
Dende agora podedes enviar documentos e propostas para cada unha delas.
A información de cómo facelo, atoparédela NESTA LIGAZÓN.
Próximamente pediremos tamén aportacións para as áreas transversais, podedes comezar a pensar que vos gustaría incorporar nelas.
Finalmente aínda que non por iso menos importante.
COMEZAN AS INSCRIPCIÓNS PARA A XUNTANZA.
Podédesvos anotar NESTA LIGAZÓN.
A inscripción é de balde mais é fundamental para podermos prever a loxística dun evento destas características. En canto teñamos os prezos dos xantares e opcións de transportes, poremos a información en común.
A data límite para a inscripción é o 26 de marzo.
En solidaridade.
Grupo convocante de REDES EN REDE, construyendo alternativas al capitalismo http://redesenred.net (grupo convocante formado por xentes de Podemos vivir sin capitalismo, Ecologistas en acción, Red de permacultura ibérica, CGT, movimiento zeitgeist, Xarxa pel decreixement, Caracol zaragoza red de personas pola autonomía zapatista, REAS e aberto a quen queira sumarse)
Fonte: http://www.sincapitalismo.net/es
___________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Decrecimento
Redes en Rede, tecendo alternativas: Xuntanza en Ruesta, prepirineo aragonés do 1 ao 4 de Abril de 2010
mércores, febreiro 24, 2010
Redes en Rede, tecendo alternativas: Xuntanza en Ruesta, prepirineo aragonés do 1 ao 4 de Abril de 2010
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, febreiro 24, 2010
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon