Segundo o acordo da Comisión Permanente da Plataforma, integrada por CCOO, UXT, CIG, Xunta de Persoal de Área, Agavida, Alcer, Grupo Diversidade Funcional, Av Caranza, Av Valón e Av Esteiro, celebrada o día 27:
CONVOCAMOS unha xuntanza das 35 entidades que, neste momento compoñen a Plataforma para o mércores día 24 de febreiro ás 19 horas no local da AV de Esteiro na rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
A orde do día é a seguinte:
- Aprobación dun logo da Plataforma.
- Aprobación dunha aportación económica ( se propoñen 50 euros/ano por entidade).
- Campaña de reclamacións contra as listas de espera.
- Coordinación da Plataforma con outras Plataformas pola Defensa da Sanidade do resto de Galicia.
- Campaña de difusión do programa da Plataforma en toda a Área Sanitaria.
- Propostas de Mobilizacións.
- Varios.
Facemos un chamamento á participación de tólas entidades veciñais e asociacións sociosanitarias que aínda non forman parte da Plataforma para que asistan a esa xuntanza e , se así o deciden, se incorporen á mesma.
Por vez primeira, esta será a terceira xuntanza do Pleno, se CONVOCA a tódolos partidos políticos que queiran asistir a esa xuntanza e que subscriban o ideario da plataforma ( sempre, por suposto, modificable).
Asdo/ Salustiano Gómez Rodríguez e Xosé Miguel López. portavoces da Plataforma
Blogue oficial da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
8 de fevereiro de 2010 19:01
__________________________Enlace relacionado:
Ártabra 21: Constituída a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitária de Ferrol
_____________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon