- O Concello de Ferrol promove unha expsoición que deturpa os nosos toponimos
- O BNG critica o uso deturpado da toponimia local na exposición homenaxe a Juan Farías
- Elia Rico, se pregunta se tan difícil lle resulta a concelleira de Educación e Cultura facer respectar os nosos nomes tradicionais
O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol criticou esta mañá ao goberno local por patrocinar e impulsar unha exposición que mantén as formas deturpadas da nosa toponimia (El Ferrol, La Coruña, San Jorge, San Juan de Esmelle etc...) e instou ao goberno local a ter un maior compromiso coa normalización lingüística.
A concelleira nacionalista, Elia Rico, afirmou que a concelleira de educación está a vulnerar a lexislación en materia lingüística e se pregunta se tan difícil lle resulta a concelleira de Educación e Cultura facer respectar os nomes tradicionais das nosas vilas e parroquias e o que é máis grave o da propia cidade.
O BNG considera que nunha exposición que homenaxea a un escritor local e que pretende facer pedagoxía coa súa figura, xa que a mesma vai dirixida a escolares, o goberno local debería ser máis escrupuloso cos contidos da mesma. Nada costaba financiar a edición desta exposición en galego ou no seu defecto imprimir novamente os carteis cos nomes propios das nosas vilas e parroquias na súa forma orixinal e legal.
Elia Rico non comprende a falla de rigurosidade e compromiso coa língua propia do país que amosa o goberno municipal cunha actuación meramente propagandística que fica en evidencia día a día. “Só desde a desídia e a falla de interese se comprende esta forma de actuar” afirmou Rico.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
Ferrol, 23 de Marzo de 2010
Enviado por:
BNG - Ferrol
-bng@ferrol.es-
23 de março de 2010 13:52
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon