domingo, abril 25, 2010

Ferrol berra "Pola xustiza universal, contra a impunidade do franquismo"

Este Sábado 24 de Abril de 2010, tivo lugar en Ferrol, na Praza do Concello, uhmha concentración baixo o lema "Pola xustiza universal, contra a impunidade do franquismo".

Os fascistas, os herdeiros da Ditadura franquista, a dereita dos privilexios, con complicidades da falsa progresía privilexiada e a timorata, queren impedir que se artelle unha resposta penal axeitada ás demandas dos familiares das vítimas do franquismo, demandas esquecidas durante décadas, na procura de restaurar a dignidade das vítimas e facilitar a apertura das fosas diseminadas por todo o país para enterrar dignamente os seus restos.

Clicar acima da imaxe para acceder ao carrusel de diapositivos



Enlace coa Carrusel de Diapositivos
http://picasaweb.google.es/memoriahistoricademocratica/ManifestacionEnSolidaridadeCoXuizGarzon?fgl=true&pli=1#slideshow/5463677061799121666

Enlace co a Galería Fotográfica
http://picasaweb.google.es/memoriahistoricademocratica/ManifestacionEnSolidaridadeCoXuizGarzon?fgl=true&pli=1#5463677061799121666

Fonte: http://picasaweb.google.es/memoriahistoricademocratica

Video do da mobilización en Ferrol o 24 de Abril de 2010



Fonte: http://memoriahistoricademocratica.org/
_____________________

Enlaces relacionados:
___________________________

5 de Xuño de 2009 - Cando no ano 2006 publica a novela Mala xente que camiña, cuxo tema central é o dos nenos roubados pola ditadura aos vencidos da Guerra Civil, moitos pensaron que a historia que contaba era inventada, ou polo menos que esaxerara as dimensións daquela traxedia. Agora, a causa contra o franquismo iniciada polo xuíz Baltasar Garzón e abatida polo lume amigo e inimigo do Goberno e dos maxistrados conservadores da Audiencia Nacional púxolles un número a eses secuestros, ao falar de máis de 30.000 nenos segregados das súas familias e dados en adopción a persoas afectas ao Réxime ou internados en centros do Auxilio Social, hospicios, conventos ou seminarios, onde llos reeducaba segundo os ideais do fantasmagórico Movemento Nacional. ...



______________________________

As fosas do silencio.

Durante a Guerra Civil Española, e tamén durante a ditadura, o réxime franquista xustificou a represión como resposta aos abusos que cometeran os vermellos contra os nacionalistas. Pero o certo é que, desde as mesmas eleccións de febreiro de 1936, os militares golpistas comezaron a deseñar un plan para facer cambiar pola forza o resultado das urnas. A violencia non se limita ao golpe de estado senón que se deseña unha auténtica estratexia do terror e a represión. As fosas do silencio é un documental que clama por manter a memoria histórica e conta un dos episodios máis horripilantes da nosa historia recente: a execución e desaparición de miles de demócratas entre 1936 e 1939. ...

As fosas do silencio. (A limpeza 1/5)



As fosas do silencio. (A limpeza 2/5)



As fosas do silencio. (A limpeza 3/5)



As fosas do silencio. (A limpeza 4/5)



As fosas do silencio. (A limpeza 5/5)


____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon