domingo, abril 25, 2010

Incendio en "Forestal del Atlántico" durante a descarga dun gaseiro en Reganosa

Tags

Na noite do luns ao martes tivo lugar un incendio na empresa petroquímica de Forestal do Atlántico, estas instalacións son anexas a Planta de gas de Reganosa no interior da Ria de Ferrol. O incendio ocorreu no mesmo momento no que se procedía a descarga de mais de 50.000 Tons. de GNL do gaseiro Madrid Spirit. Esta situación foi de máximo perigo para todos os habitantes da comarca, debido ao efecto dominó que puido ocasionar unha explosión nos depósitos de combustible e sustancias tóxicas que almacena Forestal do Atlántico. Os bombeiros de Ferrol conseguiron controlar o lume despois dunhas horas de traballo.

Dado a escasa información do acontecido por ningún organismo público (Dirección Xeral de Protección Civil, Concello etc) sen pronunciarse ao respecto nin advertir do sucedido aos veciños.

Por esta razón o CCE denuncia unha vez máis a temeridade dos promotores da Planta de Gas e das Autoridades ao seguir consentindo a actividade dunha planta como a de Reganosa. Unha instalación que por 3 veces o TXSG ditaminou a súa ilegalidade e que foi construída sen cumprir o PXOM de Mugardos.

Esta planta ilegal supón un grave perigo para a vida de milleiros de persoas, acelera a destrución da Ría e é unha instalación que produce un grave déficit económico ao sistema gasístico, que vimos pagando todos os cidadáns. Emprazamos aos organismos públicos, Protección Civil, Concello para que aclaren o acontecido, solicitamos coñecer se foron activados os plans de emerxencia destas empresas e insistimos unha vez máis no peche da actividade de Reganosa para evitar unha traxedia.

Ferrol, 23 de abril do 2010


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
23 de abril de 2010 19:25
_____________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Na madrugada do Martes 20 de Abril de 2010, mentras o “LNG Madrid Spirit” descargaba gas para Reganosa, producia-se, apenas a 200 metros, un incendio en "Forestal del Atlántico", no que tiveron que intervir os bombeiros de Ferrol
___________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon