Dios ke te crew (DKTC) é un colectivo de MC´S, DJ´S, graffiteiros e breakers formado na localidade de Ordes da fusión dos grupos 5Talegos e Ghamberros.
A primeira gravación acreditada de Dios Ke Te Crew foi o corte que incluíron na película colectiva Hai que botalos, recompilación de curtametraxes postas en circulación co gallo das eleccións ao Parlamento galego no 2005. Alí aportaban a banda sonora ao episodio titulado "O derradeiro", o tema titulado –daquela- Non jodas con Arteijo. Un tema que, como anécdota, chegou a pincharse ao remate da manifestación do día da Patria Galega que tivo lugar ese ano en Santiago de Compostela.
En 2006 chegou o seu primeiro disco Xénese. Comezando coa mesma introdución ca nos concertos. O primeiro LP de DKTC marca un fito na música en galego ó ser o primeiro disco de hip hop en idioma galego. Neste disco destacan temas como "Dios Ke Te Crew", "Herdeiros da dictadura" (que é o anteriormente titulado "Non jodas con Arteijo"), "Colleita´s Party", "Vas de Verde", "Profecía", ou o xa coñecido "Apagha a tele". [Fonte: Galipedia]
- Ligar con: komunikando.net
- Web Oficial do Grupo: diosketecrew.com
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon