Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 25, 2022

Sábado 28 de maio en Valón (Doniños - Ferrol): Churrasco, Concerto con 'Refritos Merchi' e Teatro coa obra colectiva 'Serei unha bolboreta?' - Desde ás 13:30hs no local social veciñal


Este sábado 28 de maio en Valón:

✅ Churrasco, desde ás 13:30hs.
Concerto con Refritos Merchi ás 14:00hs.
Teatro coa obra 'Serei unha bolboreta?', ás 20:00hs.

@ambigudevalon.

Lugar da asociación veciñal de Valón (Doniños - Ferrol). | Ir ao mapa.

No facebook.

asociaciondevalon@gmail.com


Dentro do Programa Teatro Veciñal de Ferrol

"Serei unha bolboreta?" de Martabela Teatro (taller de Torrente), baixo a dirección de Helga Méndez.

"Serei unha bolboreta?" de Martabela teatro fala sobre a Educación a través dun espazo escénico creado con columnas de libros, unha loseta e unha lámpada.

O grupo fala neste peza das diferenzas entre a educación pasada e a presente. De como se ensina na escola e na familia, no público e no íntimo. Da importancia da memoria afectiva e sensorial como puntos de partida para compartir experiencias e reflexionar en comunidade. O público reflexionará co elenco sobre como queremos que sexa a educación no futuro.

Esta dramaturxia foi creada a partir de recordos individuais do alumnado do taller, e de entrevistas e encontros con persoas que forman parte da comunidade educativa e artística da cidade.
_______

domingo, febreiro 20, 2022

Convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña para este ano 2022, para Entidades sen Ánimo de Lucro e que podeden optar a subvencións en espectáculos (orquestras, grupos e dúos, así como espectáculos de Rock, DJ, coral, bandas de gaitas, grupos de boleros, formacións de salsa,...)


INFORMACIÓN SOBRE A REDE CULTURAL DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A toda entidade a que poida interesar esta información

As formacións do LABORATORIO

Un ano máis, e ante a nova convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña para este ano 2022, para Entidades sen Ánimo de Lucro e que podeden optar a subvencións en espectáculos, a través da Rede Cultural da Deputación, volvémonos poñer en contacto con vos para informarvos de que dentro deses espectáculos podedes atopar orquestras, grupos e dúos, así como espectáculos de Rock, DJ, coral, bandas de gaitas, grupos de boleros, formacións de salsa,..., que poden axudar a completar o cartel dos vosos festexos, comidas populares, evento para recadación de fondos e/ou demais eventos onde sempre se goza coa boa música.

Se o desexan, estariamos encantados de ampliarlles información ao fin de que poidan coñecer as formacións que dende as Asociacións Culturais Airiños da Torre, Laboratorio de Ideas para o Espectáculo e Orquestras do Ortegal, e se son do seu interese facilitarlle os datos precisos para que as poida solicitar, unha vez aberto o prazo de solicitude, na Deputación de A Coruña, ou mesmo os novos voluntarios/as formacións do LABORATORIO realizarlle todas as xestións pertinentes para realizar a solicitude sen ningún tipo de custo.

Os nosos espectáculos compréndense en catro bloques ben diferenciados:

Orquestras:
A Orquestra do Laboratorio
Orquestra Barceló
Orquestra Barahona
Orquestra Dinastía
Orquestra Radio
A Chiqui Band do Laboratorio
Grupo Intervalo
Grupo La Gira
La Barceló Chiqui Band
Dúo Meremcumbe

Música Rock
Carlos Campoy
Salamandra
The Homeless

Música Rexional
A Coral de Airiños da Torre
Banda de Gaitas de Ariños da Torre

Músicas do Mundo
Alex Rodríguez Quartet (Boleros)
Alex Rodríguez & Salsamanía (Salsa)
Gallaecia Latin All Star (Salsa)

Tamén en datas moi próximas estará a súa disposición unha páxina
web, onde poden ver os espectáculos publicados, así como ter acceso
doado a toda a documentación e páxina de solicitude da Deputación da
Coruña.

www.asformacionsdolaboratorio.com

Ao mesmo tempo, poñemos ao seu dispor as seguintes vías de
contacto para ampliar información e axudalo coa tramitación:
Chamadas, Wasap e Telegram
656.303.133
695.185.962
981.077.386 (en horario de oficina)
colaborador.decoruna@gmail.com

NOTA IMPORTANTE:
O prazo establecido pola Deputación da Coruña, para a
solicitude de Espectáculos da Rede Cultural, remata o día 22
de marzo, as 14:00 horas
.

Reciban un agarimoso saúdo,

As Formacións da Escola
✔ Airiños da Torre
✔ Laboratorio de Ideas para o Espectáculo
✔ Orquestras do Ortegal

Enviado por:
Colaborador da DEPUTACIÓN DA CORUÑA
-colaborador.decoruna@gmail.com-
18 de fevereiro de 2022 13:52

_______

martes, decembro 21, 2021

Tanxugueiras - TERRA (Lyric Video Oficial) - Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro estrearon na medianoite desta terza feira a canción Terra, coa que acudirán ao Festival de Benidorm para intentar representar o Estado español en Eurovisión en 2022


Lyric video oficial da canción de Tanxugueiras "Terra"

Letra

Ailaralalá
Ailaralalaa
Ailaralala
Ailaralalala
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ailaralalaa

Esta noite hai foliada
Esta noite hai serán
Agárdoche no terreiro
Compañeiriña leal
Compañeiriña leal
Compañeiriña leal
Esta noite hai foliada

Para cantar veño eu
Coa pandeireta na man
Aturuxa canda min
Que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar
Coa pandeireta na man

Ailaralalá
Ailaralalaa
Ailaralala
Ailaralalala
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Non hai fronteiras

Canta ti, cantarei eu
Co xeito das nosas nais
Festexaremos a vida
Da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar
Co xeito das nosas mans

Ailaralalá
Ailaralalaa
Ailaralala
Ailaralalala
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ez dago mugarik

Ailaralalá
Ailaralalaa
Ailaralala
Ailaralalala
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ailaralalaa
No hi ha fronteres

Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar
Esas bravas gorxas
De fondo cantar
De fondo cantar
De fondo cantar
Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar

Veñen pra quedar (x3)
Veñen pra quedar (x3)
Pra quedar, pra quedar
Veñen pra quedar (x3)

Ailaralalá
Ailaralalaa
Ailaralala
Ailaralalala
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Nun hai fronteres

Ailaralalá
Ailaralalaa
Ailaralala
Ailaralalala
Ailaralalaa
Ailaralalaa
Ailaralalaa
No hay fronteras


Segue a Tanxugueiras en RRSS:
Facebook: https://www.facebook.com/Tanxugueiras/
Instagram: https://www.instagram.com/tanxugueiras/
TikTok: https://www.tiktok.com/@tanxugueiras

Web Oficial: https://tanxugueiras.com

#TERRA

Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro estrearon na medianoite desta terza feira a canción Terra, coa que acudirán ao Festival de Benidorm para intentar representar o Estado español en Eurovisión en 2022. A peza respeta o son "Tanxugueiras" e dálle protagonismo ás linguas minorizadas. | Nós Diario.

_______

'Pasaba por alí e quedei un intre', de Xoán Rubia Alejos, o mércores 22 de decembro no Casino de Mugardos




O pasado venres foi un día especial para min. Presentábase en Ferrol o meu libro “Pasaba por alí-e quedei un intreeditado por Galaxia. Sempre hai máis incerteza a primeira vez, pero debo dicir que a acollida foi estupenda e non puiden quedar máis satisfeito baixo o acubillo de tanta xente á que cantei algunha canción como ilustración á presentación. Aí van dúas fotos para levantar acta: sentada á miña dereita Tati Mancebo, directora comercial de Galaxia, e a miña esquerda o escritor Xavier Alcalá, e Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa de Ferrol. Na outra un instante da ilustración musical acompañado polo excelente guitarrista e amigo Daniel Adzemian. Grazas a todos pola vosa xenerosidade. E o vindeiro mércores día 22 en...MUGARDOS.

Recordade, mércores, 22 de decembro, ás 19.30 no Casino Mugardés, Xoán Rubia Alejos preséntanos o seu libro "Pasaba por alí e quedei un intre". Quedades convidados/as. A entrada é libre e aberta a todo o público. Respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias vixentes.

Facebook


Galaxia publica a autobiografía musical de Xoán Rubia

A Editorial Galaxia publica, na colección Reportaxe, un libro arredor da traxectoria de Xoán Rubia, "Pasaba por alí. E quedei un intre".

Considerado un dos nomes máis importantes da música galega e autor de longa traxectoria, é unha das voces de referencia dende finais dos anos sesenta.

En palabras de Xavier Alcalá, autor do prólogo “Rubia é un home valente e coherente que soubo extraer o imprescindible da súa 'existencia musical' e escolleu sonoros riscos de humor para amenizar o discurso”. Neste libro, e da súa propia man do músico de Ferrol, as lectoras e lectores acompañarán ao artista nun percorrido pola súa vida. Unha voz comprometida coa lingua galega que, a través dun grandísimo talento, creou temas que todas as persoas coñecen e que, algunha vez, tamén cantaron.

Dicía miña nai que recordar é volver vivir, e eu, arestora, estou niso, a vivir rebobinando e logo dándolle ao play da casete da miña vida en relación coa 'Canción Galega' para lembrar e contárllelo aos que poidan sentir algunha curiosidade”. Toda unha declaración de intencións por parte de Xoán Rubia que son só unha afirmación de todo o que virá despois.

Este libro recopila, dende a memoria do seu autor, primeiros pasos, evolución… con fotografías e documentos, a vida dun artista que marcou un antes e un despois no panorama musical galego. Non só é o seu relato, se non o relato de toda unha época.

Un libro imprescindible que xa está chegando a todas as librarías de Galicia.

Xoán Rubia (Mugardos, 1947) comezou os seus estudos de música na súa vila natal. En 1968, en Santiago de Compostela, entra en contacto co movemento da Nova Canción Galega, representado daquela polo colectivo Voces Ceibes.

Gravou os seus primeiros traballos discográficos en 1969 coa compañía Edigsa, en Barcelona, logo con Philips e, máis tarde, con Zafiro-Novola.

Dende a fundación do Diario de Ferrol colabora semanalmente con artigos de opinión, ademais de con Galicia Digital e outras publicacións.

Fonte: blog da Editorial Galaxia.
_______

xoves, decembro 16, 2021

Foliada do Galicia, este domingo 19 de decembro en Caranza, desde as 12:30hs - Coa participación de Lenda Ártabra, Maghúa, Quenindiole, Pan sen fron, Foliada libre, Donas e galáns, No Cómbaro, As mozas das voltas, Cantos de taberna das Pontes, Ghaldaripas, Xoldaina, Cantos de taberna do Galicia e Son D'aquí


FOLIADA DO GALICIA

Grande Foliada en Caranza, coa participación de Lenda Ártabra, Maghúa, Quenindiole, Pan sen fron, Foliada libre, Donas e galáns, No Cómbaro, As mozas das voltas, Cantos de taberna das Pontes, Ghaldaripas, Xoldaina, Cantos de taberna do Galicia e Son d'aquí.

Día: domingo 19 de decembro.
Hora: 12:30hs.
Lugar: SCDR. Galicia de Caranza (Avenida de Castelao, 36 - Ferrol).

_______

domingo, febreiro 14, 2021

Identidades (a música), ... Por Ramiro Vidal Alvarinho


Por Ramiro Vidal Alvarinho [*]
14.02.2021


O papel da música na minha vida, na conformação da minha personalidade foi absolutamente chave...porque eu sou de uma geração na qual um procurava quem era a travês da música. Ser "alguma coisa" era bastante mais do que seguir os preceitos de uma estética... heavies, punkies, rockabillies, mods, skinheads, Rapers, rastaffaris, grunges... claro, havia disso tudo e tinham as suas formas de vestir, expressar-se... eu nunca segui uma estética concreta,ainda que com a idade fui deixando atrás a linha estética que me impunham os meus pais...abur camisas de raias, polos de botão de âncora e coisas absurdas e horríveis que à minha mai lhe pareciam bonitas e elegantes... tudo isso foi substituido por camisolas, tishertas e casacos, quase sempre de cores lisas e sem desenhos nem rótulos, predominando pretos e cinzentos, algum castanho, algum azul escuro...o verde e o vermelho tardaram em aparecer no meu vestiário. Com 18 anos, lembro que nem me punha calças de ganga; andava preferentemente com as calças de um fato de desportos, de cor lilás, com um parche dos Sex Pistols num joelho. Com frequência tinha guedelhas e barba cumprida e sem cuidar. Essa transformação começou quando eu tinha dezasseis anos e com dezaoito o meu aspecto já nada tinha a ver com o que tinha com catorze.

O primeiro vinilo que comprei foi "Donde se habla", de La Polla. Anteriormente, comprara os cassettes de "El regreso", de Siniestro Total e Música Doméstica" de Os Resentidos. Outros vinilos que fui comprando na minha adolescência; "Fracaso Tropical", de Os Resentidos; "Nin falta que fai", de Radio Océano; "Metalmorfosis", de Barón Rojo; "Azken guda dantza", de Kortatu...não me identificava com nenhuma tribo urbana, gostava da música mais bem potente, ainda que também eram importantes para mim as letras.

Foi um descobrimento para mim fundamental o Borrazás como ponto de partida das minhas troulas...houve um tempo no que as demos das bandas locais praticamente se "baptizavam" lá...gravavam demo MOL, Frustradicción, os Xudef Klas...sonavam aí...depois essa "função" cumpriu-a o Tápate las orejas, na Rua Doutor Fleming. Bons recordos do Bar Tracio, do Lakaroo, e dos bares da Rua São Francisco (Triple 6, Cataratas, Tambo, Barrio Sésamo).

Em todos esses garitos eduquei-me musicalmente a base de escutar coisas que desconhecia, a base de que me emprestaram discos, ou de comprar demos de bandas locais e galegas, preferentemente...

Fonte: conta facebook. | 13.02.2021 | Com interessantes comentários.

[*] Ramiro Vidal Alvarinho (Ferrol, 12 de marzo de 1973). Poeta, escritor, actor, e activista cultural.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
14 de fevereiro de 2021 09:02

_______

mércores, febreiro 10, 2021

O conservatorio Xan Viaño de Ferrol é un dos gañadores do concurso de curtas 'Senda dos Faros', cun proxecto denominado 'A melodía do faro', a historia dun fareiro de Cabo Prior namorado da música, con interpretación do propio alumnado do centro - Vídeo


O certame escolar, promovido pola Xunta, o Festival de Cans e EDPR, pon en valor a lingua, o patrimonio e a paisaxe da costa galega a través do audiovisual, este ano foron gañadores o IES A Cachada (Boiro), o IES Monte Neme (Carballo) e o conservatorio Xan Viaño de Ferrol.

O certame escolar naceu co obxectivo de poñer en valor a lingua, o patrimonio e a paisaxe da costa galega a través do audiovisual.

O Terceiro Premio foi para o centro de Ferrol  "CMUS Xan Viaño", cun proxecto denominado "A melodía do faro", a historia dun fareiro de Cabo Prior namorado da música, con interpretación do propio alumnado do centro. Este premio esta dotado cun cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega, figura e diploma acreditativo.


https://youtu.be/abMGVczDeaI

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade impulsou a iniciativa escolar Senda dos Faros no curso 2019-2020 cos obxectivos de promover o valor lingüístico, patrimonial e paisaxístico da costa galega ao longo do máis de medio cento de etapas que configuran o itinerario turístico, desde Tapia de Casariego (Asturias) ata Vila Nova de Cerveira (Portugal), para alén das etapas insulares de Ons, Cíes e Sálvora.

Nel contou coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader, do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e do Festival de Cans, co patrocinio da portuguesa Fundación Enerxías de Portugal Renovables (EDPR).

Destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparten ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio, contou coa colaboración de 18 centros educativos que presentaron 24 curtas dun máximo de cinco minutos de duración, segundo o establecido nas bases da convocatoria.

O concurso ten como obxectivos:
  • dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa
  • promover unha imaxe positiva e actual do galego por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación
  • favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes
  • fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas
  • pór valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda

O Segundo Premio foi para o IES Monte Neme de Carballo, con "De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos ingleses a Camariñas", un proxecto centrado nos mitos e lendas arredor da Costa da Morte, alimentados polos numerosos naufraxios sucedidos nas súas augas. O afundimento do buque escola inglés Serpent, cuxos 175 tripulantes falecidos descansan e dan nome ao Cemiterio dos Ingleses, é un dos feitos narrados. E o Primeiro Premio foi para o IES Plurilingüe A Cachada (Boiro) co proxecto "Sálvora". Este proxecto é unha reflexión dunha rapaza sobre o cambio climático, a relación entre a pandemia e o descoido da natureza por parte da humanidade e a despreocupación que sinte da sociedade cara estes feitos. A protagonista lanza unha mensaxe de esperanza nunha botella desde a costa da illa para atopar persoas que, emulando ás Heroínas de Sálvora, se decidan a dar un paso adiante para a salvación do planeta, considerando que aínda non é tarde para actuar.

Resolución publicada o pasado 28 de xaneiro de 2021, pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda dos Faros.

Fonte: https://www.lingua.gal/. | 5 de Febreiro de 2021.
_______