Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

mércores, xuño 08, 2022

Representación Teatral no Ateneo Ferrolán: Jardín Público, de Marisa Vegas Caturla e adaptación de Tino Martín - Xoves 9 de xuño, ás 7 da tarde


O Xoves 9 de xuño, ás 7 da tarde, representación Teatral no Ateneo Ferrolán, por parte da compañía "Ferroluna": "Jardín Público", de Marisa Vegas Caturla e adaptación de Tino Martín.

Xardín Público

Escena 1
A rebelión da Yaya

"Divertidas idas e vindas, nun parque público, dun ama de casa, as súas amigas, a súa doncela e outros estraños personaxes".

Escena 2
Que tempos aqueles

"Un gracioso encontro, no parque, entre unha moza e futura nora e o seu futuro e tradicional sogro".

Escena 3
A manifestación

"Un inesperado tropezo no parque, camiño dunha voda, dunha parella cunha manifestación, reclamando os dereitos da muller, que termina como o rosario da aurora".

Os personaxes están representados polos compoñentes de Ferroluna: Pili, Mariquilla, Maika, Angeles, Luís García e Tino".

Autora: Marisa Veigas Caturla.

Adaptación e dirección: Tino Martín.

Biografia

Marisa Veigas Caturla. Eu, Nacín en Madrid en 1940.

A miña afección á literatura, téñoa desde a infancia estudei no Instituto Beatriz Galindo de Madrid e foi o meu profesor ¡nada menos que ¡Gerardo Diego! El ensinounos a valorar a "palabra" como o medio mais importante para comunicar sentimentos, opinións ou vivencias.

Ao longo da miña vida -que está sendo longa- Hei ter as mellores vivencias: Cáseme, co home que quixen e tiven tres fillos.

Na actualidade teño seis netos que alegran a miña existencia xunto coa visión das miñas obras teatrais nos escenarios.

As miñas inquietudes sociais, sempre me empuxaron a participar activamente en: Política, en Asociacións empresariais etc? dirixín a revista «O BAZAR DE VALDEMORO» durante os 18 anos da súa Publicación., e fun Columnista Fixa da revista «15 DÍAS SUR».

Hei ter que dedicarme á miña profesión como Óptica por razóns económicas. Pero en canto xubileime, puiden dedicar o meu tempo escribir, dirixir e adaptar obras de Teatro.

Algunhas das miñas obras:

ASUNTO FAMILIAR; A MILONGA, A CORRALA DE ARGANZUELA; PAPEL COUCHÉ; OS PENDONES DE CASTILLA; foron galardonadas con premios e sobre todo coas risas dos espectadores.
--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
8 de junho de 2022 13:07

_______

mércores, maio 25, 2022

Sábado 28 de maio en Valón (Doniños - Ferrol): Churrasco, Concerto con 'Refritos Merchi' e Teatro coa obra colectiva 'Serei unha bolboreta?' - Desde ás 13:30hs no local social veciñal


Este sábado 28 de maio en Valón:

✅ Churrasco, desde ás 13:30hs.
Concerto con Refritos Merchi ás 14:00hs.
Teatro coa obra 'Serei unha bolboreta?', ás 20:00hs.

@ambigudevalon.

Lugar da asociación veciñal de Valón (Doniños - Ferrol). | Ir ao mapa.

No facebook.

asociaciondevalon@gmail.com


Dentro do Programa Teatro Veciñal de Ferrol

"Serei unha bolboreta?" de Martabela Teatro (taller de Torrente), baixo a dirección de Helga Méndez.

"Serei unha bolboreta?" de Martabela teatro fala sobre a Educación a través dun espazo escénico creado con columnas de libros, unha loseta e unha lámpada.

O grupo fala neste peza das diferenzas entre a educación pasada e a presente. De como se ensina na escola e na familia, no público e no íntimo. Da importancia da memoria afectiva e sensorial como puntos de partida para compartir experiencias e reflexionar en comunidade. O público reflexionará co elenco sobre como queremos que sexa a educación no futuro.

Esta dramaturxia foi creada a partir de recordos individuais do alumnado do taller, e de entrevistas e encontros con persoas que forman parte da comunidade educativa e artística da cidade.
_______

domingo, abril 10, 2022

No Teatro Jofre: 'A farsa das Zocas', de Ricardo Carvalho Calero, posta en escena polo grupo de teatro da S.C. Medulio - Hoxe domingo 10 de abril, ás 7 da tarde


Hoxe domingo 10 de abril, ás 7 da tarde, no Teatro Jofre: "A farsa das Zocas", de Ricardo Carvalho Calero, posta en escena polo grupo de teatro da S.C. Medulio.

Na edición de 1971 dise:

Se A farsa das zocas, polo seu ambiente, se inserta na liña da temática de inspiración popular, as liberdades de expresión escénica nela patentes, a estilización dos persoaxes e a técnica de presentación directa dos mesmos, están moi lonxe dos usos do sainete rural de tipo realista.

E o autor engade no prólogo:

Na Farsa, inspirada na épica popular, importan pouco as tres unidades, ao menos as de tempo e lugar, e se hai que presentar unha persoa do drama, abonda con que ésta se adiante cara o púbrico e se identifique por sí mesma, procedimento tran primitivo que resulta tan moderno, e plausible sempre para o espectador verdadeiramente inxenuo ou verdadeiramente culto.

Carmen Suárez Rey sinala:

... temos que concluír recoñecendo que a Farsa das zocas é unha obra baseada na realidade da vida galega, sobre todo da vida galega rural daquela época, a inmediatamente anterior ao momento en que se escribiu. Así pois, insírese na liña temática de inspiración popular, pero cun senso novo moi lonxe do trasnoitado sainete rural de tipo realista.

Carvalho Calero segue na liña de Castelao e Blanco Amor, aplicando as técnicas da farsa a un tema e uns personaxes tirados da vida rural e da tradición, combinando escenas realistas con outras expresionistas e ademais, utilizando recursos técnicos que a fan culta. Polo tanto, non é teatro costumista, combina á perfección ambos os dous elementos, o popular e o culto. É unha peza entre a tradición e a vangarda. Hai nela unha estilización que a diferencia claramente do teatro rural decimonónico. Conta ademais con demasiada esaxeración, coa ruptura dos convencionalismos do teatral, non oculta os recursos dramáticos e, sobre todo, mostra unha total despreocupación pola verosimilitude.

Entre tradición e vangarda é, pois, onde debemos situar a Farsa das zocas.

Segundo Sindo Villamayor:


A técnica resulta adecuada á concepción da obra; hai na peza unha estilización que a diferencia claramente do teatro rural decimonónico: a presentación das personaxes por si mesmas –tópico do teatro chinés- dá unha lixeireza, unha ironía, unha falsa inxenuidade á obra, que non deixa a menor dúbida de que non intenta reproducir de maneira realista anécdotas da vida rural, senón que as estiliza, procurando un efecto artístico.

Para Henrique Rabuñal:

É a súa peza máis popular. Ambientada na vida rural galega da posguerra, está baseada nun relato popular recollido en San Sadurniño. Caricaturesca, humorística, próxima ás grandes farsas do noso teatro, aborda o tema do interese económico.


Na Galipedia


SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO
FACENDO QUE GALIZA EXISTA
-ten como obxectivos a promoción e defensa da cultura Galega na perspectiva da súa normalización e desmarxinalización.

http://galizacultura.gal/medulio/

Facebook

https://www.facebook.com/sc.medulio


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
10 de abril de 2022 17:37

_______

domingo, marzo 14, 2021

Estrea en Narón de 'Os nenos do Winnipeg', no Pazo da Cultura, o sábado 27 de marzo, ás 8 da tarde - A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, anima a asistir á estrea que pon en escena a Compañía de Teatro de Obxectos e Narrativa: 'La llave maestra'


Teatro "Los niños del Winnipeg" en Narón

Estrea en Narón de 'Os nenos do Winnipeg', no Pazo da Cultura, o sábado 27 de marzo, ás 8 da tarde. A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, anima a asistir á estrea que pon en escena a Compañía de Teatro de Obxectos e Narrativa: 'La llave maestra'.

Os textos ao igual que toda a obra foron creados especialmente para render unha homenaxe a todos os nenos e nenas  que viaxaron a bordo do Winnipeg, fuxindo da guerra civil española. E a Pablo Neruda, quen fixo posíbel esta incríbel fazaña. A actriz iranos mergullando nesta historia a través dos ollos de catro pícaros que viaxaban no barco da esperanza.

✅ Venda de billetes, tarifas, funcións... e outra info no Padroado da Cultura de Narón. | Ir á Web.

✅ Info sobre a obra en 'La Llave Maestra'. | Ir á Web.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democrática
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol
 
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
13 de março de 2021 12:36

_______

venres, xuño 14, 2019

Representación Teatral: 'Hamlinho', no Ateneo Ferrolán, este venres 14 de xuño ás 8 da tarde, co grupo 'A Espelunca', da asociación do Beco da Língua

Representación Teatral: HAMLINHO.
Venres día 14 de xuño ás 20 h, no Ateneo Ferrolán


Que sabes de Hamlet a famosa obra de Shakespeare, alén de “Ser ou non ser”?

Ou es das persoas expertas na xenial peza?

Sexa como for, o grupo de teatro A Espelunca vai desvendar para ti a realidade do que ocorreu en Hamlet con esta “versión moi libre” imaxinada por Pepablo Patinho. Unha divertida parodia que non podes perder.

Estará representada en portugués polo grupo teatral da asociación do Beco da LínguaA Espelunca”, un grupo de teatro que nace do alumnado e exalumnado de portugués da EOI de Ferrol.

#Ferrol

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
13 de junho de 2019 11:56

______________

sábado, outubro 06, 2018

Chega Festea, a 3º edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques - Son 9 compañías chegadas desde Galicia, Andalucía, Valencia, Navarra e mesmo de Italia cun total de 15 funcións no Jofre, CTB e Centro Cívico de Caranza, con funcións de primeira todos os sábados e domingo de outubro e novembro completamente de balde - Concello de Ferrol


ARRANCA A III EDICIÓN DE ‘FESTEA’, O CICLO DE TEATRO DE OBXECTOS E MONICREQUES PARA ENCHER DE MAXIA O OUTONO FERROLÁ


Son 9 compañías chegadas desde Galicia, Andalucía, Valencia, Navarra e mesmo de Italia cun total de 15 funcións no Jofre, CTB e Centro Cívico de Caranza, con funcións de primeira todos os sábados e domingo de outubro e novembro completamente de balde. Hai tres estreas e tres funcións exclusivas para escolares que se ofertan aos centros educativos desde o propio concello para favorecer a creaciòn de novos públicos

Co outono, como cada ano desde 2016, chega FESTEA, un dos ciclos mais agradecidos, agardados e exitosos para un público familiar promovido desde a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, con esta 3º edición do Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentaba hoxe en rolda de prensa polo miúdo os detalles desta III edición dun ciclo que se mantén fiel ao seu compromiso de ofertar funcións atractivas para un público familiar, de gran calidade, e mantendo a súa total gratuidade con funcións programadas para todas as fins de semana (sábado e domingo) dos meses de outubro e novembro en tres escenarios: Teatro Jofre, CTB e Centro Cívico de Caranza.

En total, na III edición de Festea participan nove compañías de Galicia, Aragón, Valencia, Andalucía, Navarra e tamén de Italia cun total de 15 funcións (sábados e domingo) e varias destinadas especificamente a escolares, que se ofertarán aos colexios da cidade.

Queríamos darlle continuidade a unha actividade moi exitosa destinada a familias e crear novos públicos e agardo que este ciclo perviva no tempo porque creo que é un dos mais bonitos dos que caeron nas miñas mans”, manifestou o concelleiro.

O concelleiro estivo acompañado, hoxe na presentación, de Plamen Dipchikov, alma mater de Festea, na presentación dun programa completísimo. En total, na III edición de Festea participan nove compañías de Galicia, Aragón, Valencia, Andalucía, Navarra e tamén de Italia cun total de 15 funcións (sábados e domingo) e tres delas, destinadas especificamente a escolares: Tini contra el viento, Historia de un Ataro e Pula Pula, que se ofertarán aos colexios da cidade desde a Area de Cultura i Educación, por suposto, de balde e que se representarán no Centro Cívico de Caranza (2) e no CTB (1).

Entre as propostas que traen as compañías, tres dela son estreas, para todas as fins de semana de outubro e novembro. As funcións serán os sábados as 18:00 horas e os domingos as 12:00 horas, coa entrada de balde. Poderanse retirar na billeteira do Teatro Jofre no horario habitual.

Festea arranca este domingo 7 as 12:30 no Jofre cunha obra de Tanzarina que fará as delicias dos mais pequenos, e como non, ao tempo dos pais. As entradas son de balde pero compre retirar antes os convites na billeiteira do Jofre no horario habitual. O concelleiro facía hoxe un chamado ao civismo a hora de recoller as entradas para repartir as que son necesarias e sen van a empregar realmente, para non privar a outras persoas da posibilidade de asistir e levar aos seus fillos. Unha recomendación que facemos habida conta de que é un ciclo exitoso e con moita demanda e moitos cheos. O custe deste ciclo que organiza a Concellería de Cultura é de 20.000 euros.

Achegamos a programación completa do 2º ciclo de FESTEA.

OUTUBRO

- 07/10/18 dom Jofre 12:30h A GALIÑA AZUL, DE TANXARINA (Galicia)

- 13/10/18 sab CC. Caranza 18:00h EL HAMBRE DE ARLEQUÍN, de BOTTEGA TEATRALE (Italia). Función en castelán.

- 14/10/18 dom Torrente 12:30h PINOCHO, BOTTEGA TEATRALE. Función en castelán.

19/10/18 Torrente 12:30h Tími contra el viento (preestreno/escolar) App Creacions (Gal)

- 20/10/18 sab Caranza 18:00h OS SOÑOS NA GAIOLA Títeres Alakrán (Gal)

- 21/10/18 dom Torrente 12:30h Tími contra el viento estreno App Creacions (Gal)

- 26/10/18 vier Caranza 12:30h Historia de un Ataro Pre-estreno/escolar Xarop Teatre (Valencia)

- 27/10/18 sab Caranza 18:00h Historia de un Ataro estreno Xarop Teatre (Valencia)

- 28/10/18 dom Torrente 12:30h For+ Xarop Teatre (Valencia)

NOVEMBRO

- 04/11/18 dom Jofre 12:30h BRANCANEVES Cachirulo (Gal)

- 10/11/18 sab Caranza 18:00h CINCO LOBITOS TEATRO ARBOLÉ (Aragón)

- 11/11/18 dom Torrente 12:30h LOS TRES CERDITOS TEATRO ARBOLÉ (Aragón)

- 16/11/18 vie Caranza 12:30h Pula Pula (Pre-estreno escolar) BÚHO TEATRO (Andalucía)

- 17/11/18 sab Caranza 18:00h Pula Pula (ESTRENO) BÚHO TEATRO (Andalucía)

- 18/11/18 dom Torrente 12:30h La Ratita Presumida BÚHO TEATRO (Andalucía)

- 25/11/18 dom Jofre 12:30h NUMENES YARLEKU TEATRO (Navarra)

Fonte: Páxina Web do Concello de Ferrol. | Ferrol, 4 de outubro, de 2018 . | Ir á Web.
____________

xoves, xaneiro 04, 2018

'Chuvia' peza teatral de Anómico Teatro, este xoves día 4 de xaneiro ás 8 da tarde, no Ateneo Ferrolán - Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda un home espido e refuxiado baixo unha cadeira...


"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro,  o xoves día 4 de xaneiro de 2018, ás 20.00hs, no #AteneoFerrolán
Entrada: 5 euros + libro de regalo
https://anomicoteatro.wordpress.com/

FICHA ARTÍSTICA
Texto e dirección: Julio Fernández Peláez.
Con: Roberto Leal, Alberto Rolán e Manu Dosouto
Axudante dirección e Movemento: Eva Alfonso González.
Iluminación: Raquel Hernández / Pedro Fresneda.
Espazo escénico: Montse Piñeiro e Julio Fernández.

Sinopse: Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, mais que espertará neles todo tipo de especulacións. Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén na cotidianeidade de Watt e Olf. De súpeto, e coma nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dous cascallos.

O enlace ao video completo en youtube é:
https://youtu.be/M6HOZbRniV4

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza) | Buscanos en Twittere, Facebook.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
3 de janeiro de 2018 13:31

___________________________