Amosando publicacións coa etiqueta S.C. Medulio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta S.C. Medulio. Amosar todas as publicacións

domingo, abril 10, 2022

No Teatro Jofre: 'A farsa das Zocas', de Ricardo Carvalho Calero, posta en escena polo grupo de teatro da S.C. Medulio - Hoxe domingo 10 de abril, ás 7 da tarde


Hoxe domingo 10 de abril, ás 7 da tarde, no Teatro Jofre: "A farsa das Zocas", de Ricardo Carvalho Calero, posta en escena polo grupo de teatro da S.C. Medulio.

Na edición de 1971 dise:

Se A farsa das zocas, polo seu ambiente, se inserta na liña da temática de inspiración popular, as liberdades de expresión escénica nela patentes, a estilización dos persoaxes e a técnica de presentación directa dos mesmos, están moi lonxe dos usos do sainete rural de tipo realista.

E o autor engade no prólogo:

Na Farsa, inspirada na épica popular, importan pouco as tres unidades, ao menos as de tempo e lugar, e se hai que presentar unha persoa do drama, abonda con que ésta se adiante cara o púbrico e se identifique por sí mesma, procedimento tran primitivo que resulta tan moderno, e plausible sempre para o espectador verdadeiramente inxenuo ou verdadeiramente culto.

Carmen Suárez Rey sinala:

... temos que concluír recoñecendo que a Farsa das zocas é unha obra baseada na realidade da vida galega, sobre todo da vida galega rural daquela época, a inmediatamente anterior ao momento en que se escribiu. Así pois, insírese na liña temática de inspiración popular, pero cun senso novo moi lonxe do trasnoitado sainete rural de tipo realista.

Carvalho Calero segue na liña de Castelao e Blanco Amor, aplicando as técnicas da farsa a un tema e uns personaxes tirados da vida rural e da tradición, combinando escenas realistas con outras expresionistas e ademais, utilizando recursos técnicos que a fan culta. Polo tanto, non é teatro costumista, combina á perfección ambos os dous elementos, o popular e o culto. É unha peza entre a tradición e a vangarda. Hai nela unha estilización que a diferencia claramente do teatro rural decimonónico. Conta ademais con demasiada esaxeración, coa ruptura dos convencionalismos do teatral, non oculta os recursos dramáticos e, sobre todo, mostra unha total despreocupación pola verosimilitude.

Entre tradición e vangarda é, pois, onde debemos situar a Farsa das zocas.

Segundo Sindo Villamayor:


A técnica resulta adecuada á concepción da obra; hai na peza unha estilización que a diferencia claramente do teatro rural decimonónico: a presentación das personaxes por si mesmas –tópico do teatro chinés- dá unha lixeireza, unha ironía, unha falsa inxenuidade á obra, que non deixa a menor dúbida de que non intenta reproducir de maneira realista anécdotas da vida rural, senón que as estiliza, procurando un efecto artístico.

Para Henrique Rabuñal:

É a súa peza máis popular. Ambientada na vida rural galega da posguerra, está baseada nun relato popular recollido en San Sadurniño. Caricaturesca, humorística, próxima ás grandes farsas do noso teatro, aborda o tema do interese económico.


Na Galipedia


SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO
FACENDO QUE GALIZA EXISTA
-ten como obxectivos a promoción e defensa da cultura Galega na perspectiva da súa normalización e desmarxinalización.

http://galizacultura.gal/medulio/

Facebook

https://www.facebook.com/sc.medulio


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
10 de abril de 2022 17:37

_______

martes, febreiro 22, 2022

Escoitando a Rosalia de Castro, o mércores 23 de febreiro, ás 8 da tarde, na Capela do Torrente Ballester - Poemas musicados e recitados


Na CAPELA DO TORRENTE BALLESTER
Mércores, 23 de febreiro ás 20.00 horas
Acto con motivo do DÍA DE ROSALÍA:

¶¶«Escoitando ROSALÍA de CASTRO»¶¶

• Poemas musicados e recitados por:

Xoán Padín, cantor.
Alberte Maceiras, saxo, zanfona, percusión.
Nélida Piñón, violino.
Luisa Sánchez, actriz.

SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO
FACENDO QUE GALIZA EXISTA
-ten como obxectivos a promoción e defensa da cultura Galega na perspectiva da súa normalización e desmarxinalización.

http://galizacultura.gal/medulio/

Facebook

https://www.facebook.com/sc.medulio


_______

sábado, xuño 05, 2021

Pilar Garcia Negro e Manuel Castelao en Ferrol, o martes, ás 8 da tarde, no salón de actos do antigo Hospicio de Ferrol, nun acto organizado pola Sociedade Cultural Medulio sobre Ricardo Carvalho Calero


O vindeiro martes, día 8, as 20h, no salón de actos do antigo Hospicio de Ferrol haberá un acto da Sociedade Cultural Medulio, con Manuel Castelao Mejuto e Pilar García Negro. Visualizaremos un vídeo sobre o profesor ferrolán e logo haberá intervención de ambos especialistas en Carvalho e un coloquio.

Agardamos contar coa vosa presenza.

https://sociedadeculturalmedulio.blogspot.com/

https://www.facebook.com/sc.medulio

Contacta con nós a través do teléfono
620 609 966
ou no correo electrónico
cultura.medulio.ferrol@gmail.com
_______

luns, xaneiro 27, 2020

'A situación da Lingua Galega a debate', con Isaac Alonso Estravís, o 29 de xaneiro, no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol


DEBATE SOBRE A SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA.
29 DE XANEIRO áS 19:30 HORAS
NA ESCOLA DE IDIOMAS DE FERROL

Acto organizado pola Sociedade Cultural Medulio de moito interese, que terá lugar o día 29 de Xaneiro, cuarta feira as 19.30h, na EOI (escola oficial de idiomas) de Ferrol, sobre a situación do Galego, na que participará Isaac Alonso Estravís, autor do mellor e máis importante dicionario da nosa lingua.
---
A Sociedade Cultural Medulio (Facendo que Galiza exista), comeza a súa andaina no ano 1979. Nace cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización, obxectivos totalmente vivos a día de hoxe, trinta e tantos anos despois. | Contacta con nós a través do teléfono 620609966 ou no correo electrónico cultura.medulio.ferrol@gmail.com  | No facebook.

https://sociedadeculturalmedulio.blogspot.com/

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
26 de janeiro de 2020 01:54

________________