Por Isabel G. Couso
26.05.2010
Persoas de diferentes eidos e sensibilidades políticas explícannos a orixe da actual situación económica e propoñen solucións.
A crise económica xa non está en dúbida, mais si ofrece dúbidas o futuro. Na procura de respostas, de alternativas, para propoñer solucións á difícil situación económica, falamos con dez persoas de diferentes ámbitos e ideoloxías para que nos acheguen respostas. Son Iolanda Díaz, Carlos Fernández, Román Rodríguez, Francisco Rodríguez, Xulia Guntín, José Posada, Charo Lopes, Marcelino Fernández Mallo, Carme Freire e Eduardo Rego.
Todos eles contestan, de xeito breve e resumido, a tres preguntas básicas que, malia estar no foco do debate político e social, non atoparon aínda unha reposta unánime: Por que temos a actual situación de crise?; Cales poden ser as solucións?; Cal cre que será o futuro? Velaquí as súas respostas (clica para acceder á información):
- Iolanda Díaz: 'O futuro está na esquerda nacional de Galiza'
- Carlos Fernández: 'Os poderes públicos deben ter maior control sobre os grandes mercados'
- Román Rodríguez: 'O goberno español está a pensar máis en termos de marketing'
- Xulia Guntín: 'A solución pasa por mudar de modelo de crecemento'
- Francisco Rodríguez: 'Ou hai unha conciencia social ou imos ter que aceptar a subordinación do capital'
- Eduardo Rego: 'Hai que adaptar a política fiscal á realidade'
- Marcelino Fernández: 'Son precisas reformas estruturais e atender á economía produtiva do país'
Vieiros está baixo unha licenza Creative Commons.
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon