mércores, maio 26, 2010

Os vindeiros 3 e 4 de Xuño terán lugar as primeiras actividades do Programa da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol Terra, dentro do "Ciclo de Teatro con g" e "Celebración do Centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero - Ferrol 1910 - 2010" - E o venres 18 de Xuño será o Festival da Mocidade coa Lingua 2010.


ACTIVIDADES POLA LINGUA NA NOSA COMARCA

Como todos os anos a Coordenadora ven desenvolvendo, en colaboración co Concello de Ferrol, a actividade “Teatro con G”. Este ano inclúense como novidade unha serie de actividades para dar a coñecer e traballar a obra de Ricardo Carvalho Calero no centenario do seu nacemento.

No mes de xuño poderedes disfrutar na Capela do Centro Cultural ”Torrente Ballester” das seguintes obras de teatro:

Xoves 3 de xuño: “A CEBRA CAMILA“ Horario: 12 horas.
Nivel (ao que vai dirixida): Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Compañía: Compañía de Teatro do C.P.I. de Atios.

Venres 4 de xuño: "Palabras no tempo" Horario: 12 horas.
Nivel (ao que vai dirixida): Bacharelato, 3º e 4º da ESO
Compañía : Compañía de Teatro do IES Carvalho Calero.



Para facer a reserva tedes que dirixirvos á concellería de Cultura do Concello de Ferrol. *

TELÉFONO: 981944220.



As actividades do "Ciclo de Teatro con g" e "Celebración do Centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero - Ferrol 1910 - 2010", continuarán no que resta deste ano 2010, o 27 de Outubro, 3,10,25 de Novembro e 1 de Decembro, no Teatro Jofre e na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester.

O Venres 18 de Xuño terá lugar unha nova edición do Festival Musical "A Mocidade coa Lingua", desde as dez e media da mañá [10:30 horas], no Parque Municipal de Ferrol, con Balakandra e os grupos mozos: "Neda York" do IES Fernado Esquio de Neda, "Arredemo" e "Fenéticos" do IES de Fene e "Rapatios" do CPI Atios de Valdoviño.


Fonte: Komunikado.net

“ASOCIACIÓN LINGÜÍSTICO-CULTURAL “COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA”

http://www.blogoteca.com/cenlf/

Mil primaveras máis para a nosa lingua !!

A Secretaria:
CARMEN CUESTA

Información baseada na enviada por:
Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrol Terra
-cequipnormalizacion@gmail.com-
26 de maio de 2010 20:26
___________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon