Martes 25 de Maio de 2010, ás 8 da Trde na Galería Sargadelos Ferrol
John Tompson: "As Novelas da Memoria".
Organiza A.C. Fuco Buxán
Colabora Concello de Ferrol – Cultura
“AS NOVELAS DA MEMORIA” - Trauma e representación da Historia na Galiza contemporánea.
Presentan:
- John Thompson (autor)
- Xosé Manuel Sarille (escritor)
- Manuel Cendán (directivo de A.C. Fuco Buxán)
A novela é un dos poucos ámbitos da sociedade galega onde se articula libremente a memoria da experiencia republicana e a do trauma causado polo fascismo.
A través das novelas pódese experimentar a forza da memoria como elemento transformador da sociedade actual.
Co obxectivo de propor novos vieiros de pensamento para achegarse á historia e á memoria da Segunda República, da Guerra Civil e da ditadura, en As novelas da memoria analízase a representación literaria deses acontecementos en relación coas falacias franquistas que aínda perduran.
Memoria e trauma emerxen na sociedade e na ficción narrativa como pegadas espectrais xunto á problemática verbo da representación e a transmisión da Historia, o imaxinario da nación galega ou a presenza das mulleres no relato novelesco.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
Información baseada na enviada por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
24 de maio de 2010 23:03
_____________________John Thompson
John Thompson (Montana, EUA, 1971) é doutor pola Universidade de Michigan e actualmente profesor titular do Departamento de Linguas Modernas da Universidade do Estado de Montana. Como investigador, dedicouse a traballar sobre a memoria da Segunda República e do fascismo e a súa representación na narrativa galega.
"As novelas da memoria. Trauma e representación da historia na Galiza contemporánea", Editorial Galaxia Xullo de 2009,un ensaio de 230 páxinas.
+ Info
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon