Comunicado internacional sobre a situación en Grecia
¡En Grecia, como en calquera outro país, o pobo non debe pagar a crise do sistema capitalista !
Desde fai unhas semanas, baixo a presión da Comisión Europea e do Fondo Monetario Internacional, o goberno grego ataca aos traballadores do país.Usa o nivel de endebedamento do país (12,7%) para intentar xustificar unha retroceso social inxustificable. De feito, as taxas de países como Gran Bretaña, o Estado Español, Xapón, Estados-Unidos están tamén por encima do 10%.
Os traballadores de Grecia néganse, con toda a razón, a pagar a crise do sistema capitalista. Os empresarios e os accionistas cebáronse con dividendos, deducións fiscais de todo tipo e soldos astronómicos que lles permitiron adquirir fortunas incribles. Eles deben pagar a crise.
As medidas anunciadas son inadmisibles : 4 persoas de cada 5 que se xubilan na Función pública non serán remplazadas, subida do Imposto ao Valor Engadido do 19 ao 21%, baixa do 10% dos gastos de seguros, conxelación das pensións, redución do 15% dos soldos, idade legal de xubilación fixado aos 67 anos, etc.
Os mesmos bancos e os mesmos especuladores que onte se salvaron da quebra grazas á axuda dos Estados, presionan ás súas poboacións e seguen especulando en detrimento das traballadoras e traballadores. Os gobernos salvaron os bancos sen nada a cambio. Hoxe estes mesmos bancos fan que os pobos paguen. Atacan a Grecia, Portugal está no punto de mira, o Estado Español e Irlanda están ameazados.
En Grecia, xa xurdiron varias folgas e manifestacións masivas. O 24 de febreiro, unha folga xeral paralizou o país. Nós, os sindicatos asinantes, afirmamos o noso apoio ao pobo grego e particularmente á folga xeral do 5 de maio.
Para salvar o seu sistema capitalista, os empresarios e accionistas están organizados ao nivel internacional: o movemento sindical debe actuar cruzando as fronteiras para impor outro sistema que o que explota aos traballadores, saquea os recursos naturais e os países pobres, organiza a fame negra dunha parte do planeta, etc. Queremos avanzar na creación dunha rede sindical alternativa en Europa, aberta a todas as forzas que queren loitar contra o capitalismo, o liberalismo.
¡Por todas partes, desenvolvamos e coordinemos as loitas sociais, e construíndo a resistencia colectiva ao nivel europeo ! Fronte á crise do sistema capitalista, a folga xeral é necesaria. ¡Queremos construíla !
¡En Grecia, como en calquera outro país, o pobo non debe pagar a crise do sistema capitalista !
3 de Maio de 2010
CGT Confederación General del Trabajo
CNT Confèdèration Nationale du Travail (Francia)
Union Syndicale Solidaires (Francia)
CUB Confederacione Unitaria di Base (Italia)
USI Unione Sindicale Italiana (Italia)
SdL Sindicato dei Lavoratori (Italia)
ESK Ezker Sindikalaren Konbergentzia (Euskal Herria)
CI Confederación Intersindical
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon