venres, maio 28, 2010

Máis unha vez, un gaseiro cargado con Gas Natural Licuado, vai por en perigo ás miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol

Tags



Este Venres 28 de Maio de 2010, esta anunciada a entrada na Ría de Ferrol do "LNG Madrid Spirit", un buque gaseiro de máis de 284 metros de eslora, cargado con GNL-LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. De entrar na Ría, este buque faria o nº 66, desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit", primeiro gaseiro coa perigosa carga nos seus tanques para a Planta de Gas de Mugardos.

Diante do depropósito gasístico, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unnha acción de denuncia e protesta, cunha concentración sonora, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo das Xunta de Galicia, ás 8 da Tarde.





Características do buque.
Nome: LNG Madrid Spirit - Eslora: 284.80 m - Manga: 42.50 m - Calado: 12.20 m - Puntal: 25.04 m - Capacidade: 138.119 m³.

Aviso: Esta convocatoria facemo-las en horario de verán [8 da Tarde]
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na envida polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
27 de maio de 2010 19:22
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon