venres, maio 28, 2010

Presentación en Ferrol, pola Marcha Mundial das Mulleres, do libro “Circe ou o pracer do azul” de Begoña Caamaño

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA CONVÍDATE Á PRESENTACIÓN DO LIBRO "CIRCE OU O PRACER DO AZUL"

VENRES 28 DE MAIO, ÁS 20:00 HRS NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL

INTERVIRÁN:

  • PIM PATINHO, MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
  • BEGOÑA CAAMAÑO, AUTORA DO LIBRO

Circe ou o pracer do azul”, de Begoña Caamaño, é unha obra que retoma un vello mito da nosa cultura europea, a Odisea, e deita sobre el unha ollada diferente, pousándoa alí onde Homero non se detivo e dándolle voz propia ás mulleres que non a tiveron, que só foron secundarias precisas para a historia do heroe, Ulises.

Ir desvendando pouco a pouco os segredos desas mulleres é un pracer que nos fai reflexionar sobre os valores educacionais transmitidos, sobre as relacións de poder e dominación e sobre a posible maduración e evolución persoal cara a proposta dun mundo diferente.

Begoña Caamaño fainos soñar con esta posibilidade, pois, como dirá a súa Penélope, soñar tamén é un xeito de abrir camiños.


Mulleres en Marcha até que todas sexamos libres !!

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
25 de maio de 2010 00:40
http://lupeces.blogspot.com/
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon