Neste maio van 65 anos da liberación de Mathausen. Hai menos dun ano o 19 de maio de 2009, morría o derradeiro galego prisioneiro do campo, o anarquista de Ferrol Vello, Marcelino Pardal Pouso. Morreu no exilio francés, nunca quixo voltar. O ano pasado a Audiencia Nacional andaba a buscar a tres criminais das SS. Poderíanlle ter preguntado por eles a Francisco Boix, fotógrafo do campo, comunista catalán, cuxo testemuño e fotografías gardadas pola súa vida, condenaron a Kaltenbrunner e a Speer. El morrería no 51 no exilio de París. Mas se vivira ao mellor, quen sabe? non querería colaborar coa anomalía xurídica que se chama Audiencia Nacional, filla e herdeira do antigo T. O. P.. Como dixo alguén, un xulgado con unha comisaria encima.
O franquismo sabémolo ben, gañou a guerra. Voltou a gañar a paz con aquela campaña dos vintecinco anos do noso Don Manuel. Trouxo a democracia ao Reino de España, co seu sacrificio nunha Transacción, tutelada polo exército e demais corpos armados neutrais e apolíticos. Á constitución non se lle chamou carta outorgada, e ainda ben, que non debiamos ter queixa. A democracia para os neo-franquistas, non confundir cos nostáxicos da actual Falange, é como o galego para Feijoo e compañia; para andar pola casa, pero sen pasarse.
A Audiencia Nacional co inefável funcionario Garzón en vangarda, andivo a dar leccións polo mundo, preferentemente às nosas repúblicas americanas irmáns, algo menores sempre, no pensar ibérico. Amnistia Internacional mentras afirma nos seus informes anuais que no Reino de España torturase, denuncias corroboradas polo relatorio da ONU sobre o particular. Agora esas irmáns, máis maiores do que pensamos, igual nos axudan, como xa fixeron por certo ao final da guerra. Algunhas coma México até o ponto de que recoñeceron como governo lexítimo ao republicano até ben mais alá que algúns dos que andan agora coa bandeira tricolor pola rúa. Até chegamos a vernos impelidos mentalmente a utilizar o termo acuñado por Pierre Nora no seu Les Lieux de Memoria, memoria histórica. Nós en realidade queriamos dicir, xulgamento do franquismo, ilegalidade dos seus actos, reparación das vítimas, xulgamento dos resposábeis. Pierre Nora, historiador francés que se negou a traducir ao Hosbawn o grande historiador británico, por ser revolucionario. Para Nora a memoria histórica é a identidade francesa e punto. Bon, máis ninguén e dono das palabras.
Nós vamos exercitar a nosa parcial memoria, para lembrar que os nosos concidadáns defenderon a República española, participando no limiar da II Guerra mundial en Europa, a Guerra civil española. Sós case sen axuda, case abandonados. Foron derrotados e elas máis ainda. Algúns coma os do maquis francés, coma os aviadores no frente do Leste, coma os de Mathausen seguiron até o final e ganaron a guerra cos Aliados ou ficaron no camiño. A guerra ficou sen limiar, mudou a a memoria e os soviéticos foron o novo mal. Xestos, condena na ONU, abandono da guerrilla e bases militares. Franco xa era un aliado máis.
Logo, foron estas potencias as que por segunda vez nos abandonaron, como moi ben escriviu Sartre. Pídolles encarecidamente quen non o fagan unha terceira.
A formación dun Tribunal internacional, herdeiro da derrota do fascismo, será quen de xulgar ao franquismo. De momento só isto ofrece confianza. Temos aínda muitas vítimas e testemuñas. Este mesmo que escrebe con 48 anos pode lembrar muitos delitos, chámennos. Necesitamos un Nuremberg ou fíxense que moderado, se isto non fora posíbel, polo menos un Tribunal Russell. Ollen señores aliados como están aquí as cousas que nen enterrar aos nosos mortos con dignidade nos deixan.
Marcelino Pardal Pouso, Antonio Cendán, Manuel Fernandez García, José Pereira, Carlos Romero Rebón, Francisco Gómes Iglesias, Manuel Ponte Palmeiro, José Andrés Pena Losada, e Manuel Peña Martínez, republicanos galegos nacidos na nosa comarca, presos en Mathausen. Nalgures, algún día faceremos unha placa falando de vos e do moito que o mundo vos debe.
Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
7 de maio de 2010 02:41
__________________________Foto de Francesc Boix Campo (Barcelona 1920 - París 1951), fotógrafo e militante comunista das xuventudes do PSUC, que estivo preso no campo de concentración nazi da localidade austriaca de Mauthausen.
_________________
2 comentarios
Ola, sábese a data de nacemento de Marcelino Pardal Pouso? Grazas.
Dados Pessoais
Nome : PARDAL POUSO, Marcelino
Naceu o: 02/11/1917
Concelho: Ferrol
País: Galicia-Coruña (A)
Stalag o Prisión
Nome: V-D (Estrasburgo)
Número de Prisioneiro: -
Deportaçom
Data: 13/12/1940
Campo de Concentraçom: Mauthausen
Primera Matrícula: 5101
Último Destino
Estado: Liberado
Data: 05/05/1945
Lugar: Mauthausen
Tirado da web:
http://pares.mcu.es/Deportados/servlets/ServletController?accion=4&opcion=20&loc=6809
Saúde!
Inácio
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon