sábado, xullo 10, 2010

Convocatoria: Xa chega a Ferrol a bicicaravana en defensa da terra

Tras o seu paso por As Pontes, Goente e Pico Vello, as fragas do Eume e Pontedeume, a "bicicaravana en defensa da terra" chega na tarde de hoxe a Ferrol onde temos programadas varias actividades para este venres 9 e sábado 10 de xullo.

Hoxe ás 18:00, partindo do espigón da avenida do mar de caranza, temos previsto a realización dun roteiro en bicicleta polacidade cun percorrido que visitará algúns dos "puntos negros" da nosa ría. En Caranza os vertidos de augas fecais, no Bertón un exemplo de especulación urbanística que tamén apreciaremos na praza de España, en Esteiro e Ferrol Vello, o porto carboeiro e a vista da planta de Reganosa dende o peirao de Curuxeiras.


http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&hl=es&t=h&source=embed&msa=0&msid=102831163689627357790.00047ff6d1533be7dab8c&ll=43.4909,-8.249188&spn=0.130516,0.363579&z=12>

Ás 20:00 no Espazo Libertario, local situado na Av. Esteiro 1o, baixo temos unha palestra con proxección de videos e imaxes que amosarán o percorrido feito pola bicicaravana por terras de Irlanda, cantabria, asturias, etc.

Mañá sábado 10 de Xullo ás 11:30 a bicicaravana partirá dende a praza do inferniño a mugardos onde a partires das 14:00 celebrarase unha festa reivindicativa co lema "outro modelo enerxético é posile" con xantar solar e música no "campo dos carneiros".

Unión Libertaria 09/07/2010


=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-

Texto da convocatoria inicial de Unión Libertaria

A caravana que partira en maio de Madrid a Irlanda para protestar contra o gasoduto experimental de alta presión que a Shell quere facer pasar por unha reserva da biosfera no noroeste de Irlanda xa está de volta e chegará á nosa comarca a partires do 7 de Xullo. No seu percorrido reivindicativo foron moitos os lugares nos que activistas en bici sumáronse para loitar e reivindicar outra maneira de facer as cousas, outro modelo enerxético e industrial que non sexa destrutivo, que respecte o medio e que sexa xusto e posible. Un modelo de decrecemento e desindustrialización que restaure con urxencia o necesario equilibrio que nos reconcilie coa natureza da que formamos parte.

É o momento agora de que nos sumemos á marcha na nosa comarca para chamar a atención sobre os moitos problemas que nos afectan. Como o da mina de andalucita que se pretende instalar na zona de Goente poñendo en perigo a riqueza e biodiversidade das fragas do Eume, os distintos puntos negros de contaminación, recheos e desfeitas na ría de Ferrol e a perigosa barbarie que supón a instalación da planta regasificadora de Reganosa.

Desde UL facemos un chamamento a apoiar esta marcha nas distintas etapas e días que percorrerá a comarca participando nos roteiros programados, nas charlas e na festa reivindicativa que faremos en Mugardos. É tempo de berrar e de pedalear!!!

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
9 de julho de 2010 13:13
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon