O Martes 20 de Xullo de 2010, está prevista a entrada do "Gemmata", o 69 buque gaseiro cargado con gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Reganosa, desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit". Diante deste feito, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha concentración en Ferrol, o mesmo Martes, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Características do buque:
Nome: Gemmata - Bandeira: Singapur - Eslora: 290 m - Manga: 46,28 m - Puntal: 25,5 m - Calado máximo: 11.4 m - Capacidade: 138.104 m³
Ademais:
O Venres 23 de Xullo, 4ª Marcha a Ferrol-Mugardos, con saída desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 5 da tarde. Recebimento na Praza do Mercado de Mugardos. Haberá Chourizos, liscos, bebidas e música.
¡DIFUNDE E PARTICIPA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
19 de julho de 2010 11:28
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon