sábado, xullo 10, 2010

O Ministerio de Industria non accede a ampliación de Reganosa

Tags

O Ministerio de Industria non contemplará na Planificación Enerxética Nacional para os vindeiros anos, a duplicación da capacidade de regasificación de Reganosa nin o novo gasoducto de enlace Lugo_Madrid, xá que considera estas infraestructuras como “non prioritarias” e que ambas “son obras cuxa necesidade non se xustifica actualmente

O contrario sería aumentar o timo que xa supón Reganosa para todos os cidadáns. Esta Planta ademais do seu perigo, é totalmente innecesaria, posto que vén funcionando ao 30 % da súa capacidade e condicionada ao peche permanente do gasoduto de Tui, o cal, caso de funcionar, abasteceria perfectamente a demanda actual e futura de Galicia, incluídos os Ciclos Combinados, operación posta en marcha - co padrinazgo de Fraga - para “xustificar” a barbaridade de Reganosa.

Cumpre xa que logo non só non acceder á ampliación de Reganosa senón revogar a súa autorización de funcionamento, tal como este Comité Cidadán de Emerxencia solicitou en maio pasado ao Presidente do Goberno e ao Ministro de Industria, argumentando entre outros puntos os seguintes:

REGANOSA incumpre a Normativa SEVESSO por instalarse nun área densamente poblada, a menos de 200 metros das vivendas máis próximas e a 1000 metros do Arsenal Militar de Ferrol.

A entrada de buques gaseiros na ría, pola súa morfoloxía, supón unha ameaza constante para os habitantes da contorna.

O efecto “dominó” da Inmediata planta de Forestal do Atlántico: O pasado día 19 de abril durante a descarga do buque gaseiro “LNG Madrid Spirit” na planta de REGANOSA producíuse un incendio na empresa anexa “Forestal do Atlántico, situada a 100 metros da planta, que almacena combustibles, formaldehido e outros produtos tóxicos. Os bombeiros de Ferrol controlaron o lume logo de horas de traballo. A traxedia estivo moi preto.

REGANOSA incumpre o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos. Como así o confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia 311/2008

REGANOSA non dispón do procedente Estudo de Impacto Ambiental confirmado polas sentenzas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia

Os importantes danos ambientais e produtivos para o sector marisqueiro.

O gasto innecesario para o erario público: Neste ano 2010 REGANOSA recibe 60 millóns de euros que equivalen ao déficit do sistema gasista español para este ano.

REGANOSA achega tan só o 2,5 % de todo o gas que entra no sistema gasista, con todo en dous anos de funcionamento as retribucións percibidas alcanzaron máis de 120 millóns de euros.

REGANOSA mantén unha actividade por baixo do 30% da súa capacidade e solicita duplicar esta capacidade de regasificación co único obxectivo de acceder a maiores retribucións do sistema gasista.

REGANOSA é unha instalación totalmente prescindible debido á súa baixa eficiencia.

A revogación da autorización non xeraría problemas operativos ao sistema gasista.

O gaseoducto Tuy-Llanera, sen actividade desde a posta en servizo de Reganosa, pode suplir a achega desta planta de gas; tanto para o abastecemento do consumo convencional como ás Centrais de Ciclo Combinado.

Non existe ningún motivo que poida xustificar manter operativa unha perigosa planta de gas coa inseguridade xurídica que traballa REGANOSA e que supón un alto custo ambiental, económico e social.

REGANOSA é unha instalación ILEGAL, PERIGOSA E INUTIL que obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica.


--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de julho de 2010 13:42
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon