REIVINDICACIÓN NACIONAL
Miles de persoas reivindican que Euskal Herria é unha nación
Miles de persoas déronse cita esta tarde en Donostia para reivindicar o recoñecemento da identidade e o dereito de autodeterminación de Euskal Herria e en apoio ao pobo catalán. Os convocantes subliñaron que "non van lograr bloquear as ansias de cambio da sociedade vasca" e chamaron a axentes políticos, sociais e sindicais a traballar para "tecer alianzas" e "camiñar na mesma dirección".
Euskal Herria - Donostia - 10.07.2010.- A mobilización partiu do Antigo cara ás 17:40, entre aplausos e encabezada por unha pancarta co lema principal, "Nazioa gara. Autodeterminazioa", portada por unha decena de cidadáns e cidadás vascas anónimas.
Tras eles sitúanse unha ikurriña e unha senyera, e despois os representantes das organizacións convocantes. Oskar Matute, Jonathan Martínez (Alternatiba), Rufi Etxeberria, Txelui Moreno, Eugenio Etxebeste, Ainhoa Etxaide (esquerda abertzale), Pello Urizar, Ikerne Badiola, Koldo Amezketa, Unai Ziarreta e Maiorga Ramírez (EA) son algunhas das caras coñecidas que marchan xunto a outras miles de persoas que se sumaron á revindicación dos dereitos dos pobos vasco e catalán.
A medida que avanzaba polo túnel e polo paseo da Concha, centos de persoas sumáronse á mobilización.
"Independentzia" e "Euskal presoak Euskal Herrira" son algúns dos lemas que máis se corearon na marcha, na que había numerosas ikurriñas e tamén "senyeras".
Á súa chegada ao Boulevard, Jonathan Martínez (Alternatiba), Juanjo Agirrezabala (EA), Marian Beitialarrangoitia (esquerda abertzale) e a representante da Plataforma pel Dret de Decidir -Elisenda Paluzie- leron un manifesto no que destacaron que a decisión do Tribunal Constitucional español de "cercenar a vontade das institucións e da sociedade catalá" ten tamén "un efecto directo sore a situación política en Hego Euskal Herria".
"Estamos ante unha decisión que revela globalmente a posición do Estado ao redor das lexítimas reivindicacións nacionais en especial de Euskal Herria e Països Catalans", denunciaron.
A xuízo dos convocantes, a "batalla política de fondo" que subxace no debate e decisión do TC é o dereito a decidir e "a negación da vontade popular é a razón do bloqueo político que vive Euskal Herria a través da instrumentalización da vontade popular e os pactos de salvación nacional entre PSOE-PP-UPN".
Tecer alianzas e camiñar na mesma dirección
Fronte a iso, subliñaron que "non van lograr bloquear as ansias de cambio" da sociedade vasca xa que "Euskal Herria está en marcha por un novo escenario político" e para "acumular e activar forzas por vías políticas e democráticas polo noso recoñecemento nacional con firmeza, compromiso e determinación".
"A cidadanía xa decidiu que quere ser motor do cambio político", recalcaron, á vez que fixeron un chamamento a todos os axentes políticos, sociais e sindicais a traballar para "tecer alianzas, superar desconfianzas" e "camiñar na mesma dirección", porque "quen apostamos polo dereito a decidir deste pobo non temos xa ningunha escusa para non traballar seriamente e de xeito conxunto".
Resposta a Zapatero
Antes de que a manifestación iniciase a súa andaina, o secretario xeral de EA, Pello Urizar, sinalou que a mobilización de hoxe é "unha resposta" ao que "significa o presidente Zapatero hoxe en día para as opcións dentro do Estado español".
"No seu día foi o xefe de Goberno que avogaba pola pluralidade dentro de España e hoxe avoga por un España unida, única 'a grande e libre'", criticou. Con todo, advertiu de que os pobos vasco e catalán "non están dispostos a recoñecer que se lle pechen as portas" e, "xa que logo, Zapatero non vai pechar as ansias que teñen para desenvolverse no futuro".
Desde a esquerda abertzale, Marian Beitialarrangoitia destacou que a mobilización "non é máis que un paso máis no camiño que temos que percorren na defensa e o logro dos nosos dereitos como pobo", un camiño no que "imos ter que dar moitos pasos e o traballo non nolo van a pór fácil", e no que "ninguén sobra".
Pola súa banda, o portavoz de Alternatiba, Oskar Matute, instou a "alzar a voz con rotundidade" en defensa dunha "Euskal Herria con dereito a exercer o seu dereito de autodeterminación, do mesmo xeito que Cataluña".
Fonte: Gara
_____________________
Para máis información siguen os enlaces web das organizacións políticas convocantes:
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon