Este 20 de Xullo de 2010, a Praza Amada García de Ferrol acolleu unha nova concentración, convocada polo Comité Cidadán, para denunciar e protestar pola entrada na Ría do buque metaneiro "Gemmata" que transportaba a súa perigosa carga para Reganosa, a Planta de Gas instalada no corazón da nosa Ría, no concello de Mugardos.
Galería de Diapositivos:
[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería de Diapositivos en alta resolución]
Mañá, Venres, 23 de Xullo de 2010, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza Carmelo Teixeiro, partirá a 4ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 23 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Terceiro Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.
Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.
O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
¡DIFUNDE E PARTICIPA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon