A 4ª Marcha a Pé, Ferrol-Mugardos, que se iniciou como lembranza do peche -de 111 días- que mantiveron no concello os viciños e viciñas de Meá, partíu pasadas ás 5 da tarde, este pasado Venres, 23 de Xullo de 2010, desde o Parque de Caranza que leva o nome do primeiro coordenador do Comité Cidadán "Carmelo Teixeiro".
A 4ª Marcha a Pé, foi todo un suceso reivindicativo "polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Terceiro Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello", como dixo, antes de partir, o compañeiro "Lalán" Manuel Rodríguez Carballeira -coordenador do Comité Cidadán.
Tres horas máis tarde chegaba a Marchar até as inmediacións de Reganosa. Os enormes tanques cegaban a paisaxe e nos lembraban o corrupto despropósito gasístico. Os berros de Planta de Gas Fora da Ría !! e A Ría é nosa non de Reganosa !!, saían do "corazón" das persoas que marchaban até a vila de Mugardos, onde; as veciñas e veciños de Meá agardaban na Praza do Mercado. Logo dunha clara intervención da compañeira Luz Mariña Torrente -Presidenta da Plataforma Veciñal de Meá- e membra do Comité Cidadán e a do compañeiro "Lalán", gozou-se do merecido descanso con bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.
Para acceder á Galería de Diapositivos en alta resolución clicar acima da imaxe:
Fonte das fotos: http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol
Autor: Suso Pazos -susopazos@yahoo.es-
En poucos días publicaremos un vídeo da mobilización
_____________
As outras Marchas:
- 2009: Éxito da Terceira Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos polo demantelamento de Reganosa.
- 2008: Unha existosa segunda marcha a pé até Mugardos.
- 2007: Marcha Cidadá a Mugardos: os 17 Km a pé de Ferrol a Mugardos, foron un éxito. O movimento opositor a REGANOSA, está forte e concienciado.
Enlaces relacionados:
_____
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
_
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon