28.06.2010
O afundimento do sistema financeiro internacional que algúns creran que sería o inicio do fin do capitalismo estase convertendo, pola contra, no seu refortalecimiento.
Ao manter-se practicamente todas e cada unha das condicións que permiten que os grandes grupos financeiros actúen con plena liberdade, agora atopan-se en condicións de extorsionar aos gobernos para esixir-lles que se poña fin ou se limiten substancialmente dereitos sociais básicos e até a propia capacidade dos gobernos para decidir.
Para evitar a caída dos bancos e o colapso das economías, os gobernos tiveron que aplicar recursos multimillonarios que finalmente provocaron un estalido descomunal da débeda. Pero como previamente se estableceu o principio de que os bancos centrais non poden financiar a débeda dos Estados, resultou que eran os propios bancos privados e os fondos de investimento especulativo que orixinaran a crise quen tiñas que subscribi-la agora que se desbocaba.
Así, os financeiros reciben diñeiro dos bancos centrais en condicións sumamente xenerosas, ao un por cento, coa escusa de que hai que axudar-lles para que financien a actividade económica. Pero en lugar de dedicalo a financiar a empresas e familias utiliza-no para subscribir débeda ao catro ou cinco por cento. E como isto parece-lles pouco, lanzan todo tipo de rumores sobre a solvencia dos estados para procurar que o interese ao que se emite suba aínda máis.
E non só iso. Posto que a débeda é imprescindible para poder facer fronte ao oco que a crise (é dicir, o comportamento irresponsable e criminal dos especuladores internacionais) provocou, estes últimos volven gozar dunha posición de privilexio á hora de negociar. Ylógicamente non desaproveitan a oportunidade.
Grazas a iso, e de novo coa escusa de que se non é así os gobernos non poderán pagar a débeda, obrígase a establecer reformas laborais, rebaixas no gasto social, a privatizar servizos públicos e a avanzar o máis rapidamente posible na das pensións.
As chamadas a reformar profundamente as relacións financeiras e até a refundar o capitalismo que fixeron os propios dirixentes conservadores converteron-se nunha rendición sen condicións ante os especuladores e as consecuencias son facilmente previsibeis: ábrese unha etapa longa de depresión, con baixas taxas de actividade e de emprego e cun progresivo debilitamiento, non se se definitivo, das políticas de benestar que nos últimos decenios se foron aplicando en Europa.
Pero o que me parece máis importante aínda que este recorte nos dereitos sociais é o que máis sutilmente leva consigo. O que estamos vivindo non é soamente un pulso na repartición da renda entre capital e traballo senón unha ofensiva dos grandes poderes económicos e financeiros para acabar coas resistencia políticas á súa dominación. O que se busca é limitar ao máximo o papel incómodo dos poderes representativos. A democracia, até na súa versión máis suave e degradada, converteu-se nun inimigo fatal "dos mercados". E alí é onde se vai a procurar dar o recorte máis profundo.
juantorreslopez.com
Fonte: Pueblos
[*] Juan Torres López, Granada -1954-, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web (Ganas de Escribir: www.juantorreslopez.com) e coordena a páxina web dedicada a información económica www.altereconomia.org.
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon