venres, xullo 02, 2010

A 11ª Folga Xeral en Grecia tivo lugar o pasado 29 de Xuño de 2010



Contra os métodos máis sucios do capital

A experiencia da dura loita de clases é valiosa

A exitosa folga masiva da Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME) o 29 de xuño adquire grandísima importancia xa que se enfrontou a unha das operacións máis sucias contra o movemento obreiro. A 11ª folga das forzas de orientación de clase nun período de seis meses paralizou fábricas, centros de traballo, portos, estacións de tren e aeroportos en todo o país. Os folguistas participaron nas gardas de folga e formaron piquetes fóra de numerosos centros de traballo.



No entanto, unha vez máis a atención concentrouse na dura loita de clases no porto do Pireo. Os sindicatos de orientación de clase das tripulacións de motor inferior e de enxeñeiros e as forzas do PAME protexeron a súa folga con valentía. A pesar da intimidación de parte do goberno dos socialdemócratas, os armadores e os demais partidos burgueses a folga foi moi exitosa aínda que empregaron os métodos máis sucios como:
  • Sentenzas xudiciais que declaraban a folga ilegal
  • Ordes de detención contra os sindicalistas do PAME dirixentes dos sindicatos dos mariñeiros
  • Bomba terrorista na casa da cabeza do PAME en Tesalónica co fin de intimidar ás forzas clasistas un día antes da folga
  • Intimidación, represión e uso de gases químicos polas forzas de represión da policía e do corpo de policía portuaria ao final non conseguiron impedir as forzas de clase de entrar no porto e protexer a súa folga. As forzas do PAME conseguiron impedir a saída da gran maioría de barcos. Algúns barcos saíron do porto ?coa pistola apuntando á cabeza dos membros da tripulación? pero sen pasaxeiros nin vehículos. De feito, as forzas de represión facilitaron a súa fuxida e feriron algúns compañeiros de traballo. As propias tripulacións dos barcos xogaron un papel crucial a pesar da chantaxe da patronal.
  • Mentiras dos medios de comunicación que o PAME e as folgas prexudica ao turismo e non a expansión da pobreza por mor das medidas gobernamentais.

As forzas de clase con determinación e disciplina protexeron con pleno éxito a súa folga e a participación masiva de decenas de miles de traballadores na folga deu unha resposta inmediata.



Decenas de miles de xente participaron na concentración do PAME fose do Parlamento en Atenas, así como nas concentracións en 60 cidades en Grecia contra as medidas que aumentan a idade de xubilación, recortan os salarios e as pensións, liberalizan os despedimentos, aumentan os impostos e impulsan a flexibilidade laboral mentres promoven para os próximos 3 anos a conxelación dos salarios e a abolición da 13ª e 14ª pensión.



Na concentración, Yiannis Tasioulas, presidente do Sindicato de Traballadores da Construción de Atenas, mencionou: "Lexitiman os crime a expensas dos nosos dereitos de seguridade. Lexitiman o crime de refugallo de gran parte dos nosos ingresos e logo os ladróns acusan ás súas vítimas porque reaccionan ao roubo e contra os ladróns e os criminais".

"Nós respondemos a esta lexitimidade que lei é o que é xusto para os traballadores e non as ganancias dos capitalistas. Por iso sempre van ter de confrontarnos".



A concentración do PAME en Atenas dirixiu unha chamada clasista, obreira, internacionalista á clase obreira e aos sindicatos militantes de Europa, a todos os sindicalistas europeos que loitan contra a ofensiva antiobrera feroz para a coordinación da loita e o rexeitamento da CES pactista e destas forzas que desarmaron ao movemento obreiro a través da política de conciliación co capital, da política de colaboración de clases, de submisión.



A experiencia destas duras loitas de clases fai que a loita por cambios radicais sexa máis necesaria. A clase obreira produce a riqueza e debe reclamala. Os medios de produción, a riqueza debe pasar a ser propiedade do pobo. Este obxectivo pode dar un novo impulso á loita.

Fonte do Artigo: es.kke.gr

Fonte das Fotos: http://picasaweb.google.gr/cpg.kke?feat=flashalbum
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon