Reganosa importa gas -LNG-GNL- do delta do Nixer. Sobre este tema, xa temos informado en máis ocasións desde Ártabra 21
Non nos podemos quedar sen ver este interesante documentario que apresentamos dividido en tres partes
Nixéria
Poison fire (lume venenoso) é un magnífico documental de Lars Johansson (subtitulado ao español por http://antimperialista.blogia.com ), que ilustra de forma maxistral o saqueo e o espolio dos recursos naturais ao que se ven sometidos os pobos africanos polas compañías occidentais, coa complicidade e o apoio das institucións internacionais e os gobernos locais corruptos.
Lars Johansson pon-nos o exemplo da explotación do petróleo nixeriano, no Delta do Níxer, por parte da multinacional anglo-holandesa Shell. Unha explotación que provocou un auténtico desastre ecolóxico e humanitario, pois debido á vertedura de millóns de toneladas de residuos de petróleo e a queima do gas, produciu-se unha destrución, sen precedentes, do ecosistema da zona. Cultivos, chan, auga, aire, fauna e seres humanos víron-se fatalmente afectados; decenas de miles de nixerianos e de nixerianas morren prematuramente cada ano, por cancro e enfermidades respiratorias asociadas a quéimaa de gas; a economía local está totalmente arruinada pola destrución da agricultura, a gandería ou a pesca.
A pesar de que multitude de leis e resolucións xudiciais, locais e internacionais, esixiron a Shell o cesamento das súas actividades contaminantes no Delta do Níxer, a complicidade do goberno e das institucións internacionais, permitiu á compañía petroleira continuar coa súa actividade criminal.
Shell, ademais, foi acusada múltiples veces do financiamento de grupos paramilitares culpables da morte de centos de activistas sociais que pedían o cesamento das operacións da compañía en Nixeria, e de sementar o caos entre poboacións enteiras, para que se marchasen de zonas nas que posteriormente se levaron a cabo extraccións de petróleo.
Máis información en:
http://www.poisonfire.org/
Poison fire (Fogo venenoso) 1/3, (Lexendada en Castelán)
Poison fire (Fogo venenoso) 2/3, (Lexendada en Castelán)
Poison fire (Fogo venenoso) 3/3, (Lexendada en Castelán)
Fonte: http://www.youtube.com/user/internacionalistaVA
____________________
Delta do Nixer
Exibir mapa ampliado
____________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon