sábado, xullo 31, 2010

O Comité Informa: Endesa vende a súa participación do 21 % en Reganosa - A Planta de Gas de Reganosa no informe de Greenpeace

Tags


A Planta de Gas de Reganosa no informe de Greenpeace

Informe de Greenpeace "Destrución a toda costa" de Galicia 2010, onde en varios sitios, e en especial na súa páxina 125, fai referencia ao asunto de Reganosa e a planta de Mugardos:

Outra agresión ambiental con respaldo da Xunta é a planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, situada a dous quilómetros do espazo protexido Costa Ártabra, a través do cal navegan anualmente decenas de buques gaseiros que teñen como destino esta planta.

Esta empresa (da que a Xunta posúe o 10% das accións) empezou a operar en maio de 2007, a pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou en tres ocasións en contra deste proxecto, da gran oposición social existente e de que en 2008 a UE admitiu a trámite unha denuncia contra Reganosa. Este ano unha nota emitida pola mesma empresa indicaba que foi necesario desviar un buque a Mugardos para realizar a descarga de Gas Natural Licuado (GNL) posto que había que manter os niveis mínimos por baixo dos cales derívanse perigos inadmisibles”.

Informe completo:
http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/100713-24.pdf


Endesa vende a súa participación do 21 % en Reganosa

Os socios de Reganosa, a Panta de Gas perigosa, innecesaria e deficitaria situada temerariamente no interior da Ría de Ferrol, recoñecen xa abertamente que “non é estratéxica” ao contrario do que se argumentou para xustificar a súa instalación.

Por este motivo van desfacéndose das súas participacións, agora é o caso de ENDESA que vende o seu 21 % a un grupo financeiro de Australia.
Atrás quedan as importantes subvencións de diñeiro público empregado nesa planta innecesaria, para beneficio duns poucos.

O pasado exercicio Reganosa tivo un déficit de 60 millóns de euros.

Ler noticias en "La Voz de Galicia":
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/30/0003_8639248.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/29/0003_8637460.htm

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de julho de 2010 00:55
31 de julho de 2010 00:58
__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon