domingo, setembro 19, 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM véuse obrigado a abandonar a súa sede social e a procurar un novo espazo. Ademáis interrompeu as súas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 fixeron cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes [sexta, 17 de setembro] conseguiron volver dar luz a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende Caranza [Ferrol].

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía [93.9 FM] nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes no blogue http://opaii.blogspot.com ou no e.mail filispina@gmail.com

En breves ofecerémosvos ao través deste medio máis información sobre os detalles do acontecido no traslado [fotos, documentos sonoros...], así como das primeiras pistas para poder participar na vindeira grella da Rádio FilispiM [2010/2011], así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos agradecendo a solidaridade daqueles que amosaron a súa disposición co Colectivo - Opaíí! - RFM, durante este breve periodo de "silencio" filispiniano. Obrigad@s!!!, xa estamos outra vez no ár, libres!!!


Foto:
re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
http://www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com
Apdo. 303 - 15401 Ferrol (Galiza)


Enviado por:
Paula -pmeizoso@gmail.com-
18 de setembro de 2010 14:29
__________________

1 comentarios so far

Xa están colgadas as fotos!!!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon