venres, novembro 19, 2010

Homenaxa ás vítimas do franquismo, no antigo cemiterio de Canido de Ferrol, este Sábado 20 de Novembro

Convocatoria: Homenaxa ás vítimas do franquismo, no antigo cemiterio de Canido (Ferrol), o vindeiro 20 de novembro, ás 12:30 horas.

Dentro dos actos das IX Xornadas Libertarias, organizadas por Unión Libertaria, convocamos a toda a cidadanía ao xa tradicional acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, que terá lugar o sábado 20 de novembro no antigo cemiterio de Canido, ás 12:30 horas.

A homenaxe consistirá nun acto poético-musical-reivindicativo, con intervencións do poeta Xoan Abeleira, un membro de Unión Libertaria e a clarinetista Amelia Ónega, e rematará cunha ofrenda floral. Trinta e cinco anos despois da morte do dictador Franco aínda é necesario reivindicar a memoria de todas as vítimas do franquismo, asasinadas pola dictadura e esquecidas na transición. A homenaxe aproveita tamén para lembrar á militancia libertaria, ás veces esquecida, coincidindo co 74 cabodano da morte do combatente revolucionario libertario Buenaventura Durruti.

Agardamos a vosa presencia.

Unión Libertaria

P.D. En caso de temporal, a homenaxe trasladaríase ao Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo). Se sae o sol ou a chuvia non é excesiva, o acto terá lugar no sitio indicado, o antigo cemiterio de Canido (ao carón do Instituto de Ensino Secundario de Canido, para a xente de fora de Ferrol).

Mais información das IX Xornadas Libertarias:

www.unionlibertaria.org

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
18 de novembro de 2010 20:27
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon