martes, novembro 16, 2010

Mohamed Salem Uld Salek, Ministro de Asuntos Exteriores da República Árabe Saharaui Democrática: "Marrocos elabora unha montaxe de propaganda sucia para xustificar a súa brutalidade contra os civís saharauís"


Bir Lehlu (Territorios Liberados), 16/11/2010 ().-O ministro de Asuntos Exteriores, Mohamed Salem Uld Salek afirmou hoxe que ante o bloqueo mediático planificado, "Marrocos elabora unha montaxe de propaganda sucia para xustificar a súa brutalidade contra os civís saharauís".

Nunha declaración recibida por SPS, Uld Salek asegura que "Marrocos desesperado ante a avalancha de condenas e denuncias no mundo polo desaloxo, a sangue e lume, do campamento de Gdeim Izik e a represión salvaxe que aínda se desenvolve na cidade ocupada de El Aaiun, sen testemuñas, as autoridades marroquís volveron a sorprender a propios e estraños cunha montaxe de propaganda sucia para xustificar a súa brutalidade contra os civís saharauís".

Tras prohibir a entrada de xornalistas e de observadores internacionais e unha vez consumado o crime, agora ofrecen a súa propia "verdade" con postas en escena onde os civís saharauís pasan a ser criminais asasinos e as súas forzas de agresión as vítimas, engade o xefe da diplomacia saharauí.

Durante unha rolda de prensa no día de onte os ministros marroquís de exteriores e de interior recorreron, segundo Uld Salek, "unha vez máis ao indecente método da mensaxe subliminar para asociar a resistencia pacífica do pobo saharauí e a súa nobre causa aos repudiables e sanguentos métodos do terrorismo".

Así mesmo, indica que "para o Goberno de Marrocos todo sirve, ata o invento de horribles teorías, ilustradas con imaxes pouco cribles -como quedo reflectido no vídeo que fixeron circular onte- para que as súas atrocidades e prácticas de terrorismo de estado, contra, nenos, anciáns e mulleres atopen algunha xustificación ante os ollos do mundo".

O ministro de Exteriores subliña que "as autoridades marroquís, desesperadas por aliviar a crecente indignación mundial, fronte ao horror cometido polas súas tropas contra civís pacíficos e desarmados non dubidan ata en usar técnicas de manipulación perigosas que en lugar de probar o improbable, só alimentan o odio cara ao pobo saharauí e preparar con iso a próxima masacre nas zonas ocupadas".

"A demonstración de Gdeim Izik, unha manifestación pacífica, serena e civilizada do rexeitamento dos saharauís á ocupación estranxeira e o seu apego á autodeterminación, desatou unha sede de vinganza por parte do Estado marroquí, engade que tarde ou cedo desembocase en novas traxedias".

"Por iso, a Comunidade Internacional e particularmente a ONU debe intervir con medidas eficaces e urxentes, despregando máis cascos azuis e observadores para protexer os dereitos humanos e evitar un baño de sangue de maior magnitude", concluíu. (SPS)


Fonte: SPS

085/090/000 161602 NOV 10 SPS
____________________

Enlace de interese:

Territorios Ocupados Minuto a Minuto
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon