luns, novembro 08, 2010

Situación no Sahara Ocidental despois da agresión do Reino de Marrocos - Interesantes documentos audio-visuais

SAHARA OCCIDENTAL / ONU / MARROCOS / DD HH
O Presidente da RASD pide á ONU o envío dun dispositivo de seguridade para a protección dos civís saharauís
Bir Lehlu (Territorios Liberados), 08/11/2010 (SPS).- O Presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), Mohamed Abdelaziz, pediu hoxe ao secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, o envío dun dispositivo de seguridade para a protección dos civís saharauís nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

"Pedimos de forma urxente o envío dun dispositivo de seguridade da ONU ao Aiún ocupado, dentro das responsabilidades da Organización Internacional no Sahara Occidental, un territorio que aínda non goza do dereito á autodeterminación, para asegurar a protección e seguridade das vidas e dereitos dos cidadáns saharauís ante a brutalidade e violencia das forzas de ocupación marroquís", escribiu o Presidente Mohamed Abdelaziz na súa misiva a Ban.

"A situación na cidade ocupada do Aiún é moi perigosa, e pode conducir a graves consecuencias", sinala o Presidente saharauí, quen recorda que este crime "atroz" ocorre en presenza das Nacións Unidas no territorio, representada na súa misión para organizar o referendo no Sahara Occidental, MINURSO.

Igualmente, o Presidente Mohamed Abdelaziz solicita ao Secretario Xeral "o envío dunha misión da ONU de investigación ao Aiún para esclarecer estes crimes que aínda están en curso". (SPS)

085/090/000 080930 NOV 10 SPS

SAHARA OCCIDENTAL / ONU / MARROCOS / DD HH
A delegación saharauí en Manhasset pide á ONU o envío dunha misión de investigación ao Sahara Occidental

Chahid O Hafed, 08/11/2010 (SPS).- A delegación da Fronte Polisario en Manhasset (EEUU), pediu hoxe ás Nacións Unidas tomar as medidas adecuadas, a través do envío dunha misión de investigación para arroxar luz sobre as "atrocidades" cometidas pola ocupación marroquí en ausencia dos observadores e a prensa internacional.

Nunha declaración, o ministro de Relacións Exteriores da RASD, Mohamed Salem Ould indica que a delegación da Fronte Polisario nas negociacións informais previstas para hoxe segue con gran atención os "sanguentos" acontecementos que están tendo lugar os territorios ocupados do Sahara Occidental e especialmente a cidade do Aiún.

"A delegación expresou ao enviado persoal do Secretario Xeral da ONU para o Sahara Occidental, Christopher Ross, a súa firme condena a esta masacre perpetrada por Marrocos no campamento Gdeim Izik e que socava a confianza nas negociacións e desacredita a presenza das Nacións Unidas no territorio", agrega.

Por iso a delegación confirmou, segundo o responsable da diplomacia saharauí, que as negociacións non comezaron aínda e que sen dúbida "non poden avanzar en circunstancias tan graves e que a responsabilidade recae sobre Marrocos". (SPS)

085/090/000 080930 NOV 10 SPS

Intifada no Al Aaiún hai unhas horas








Máis info nas fontes:

http://www.youtube.com/user/resistenciasaharaui#p/u

http://www.spsrasd.info/es/main3s.php
______________________

Enlaces de interese:

__________________________

2 comentarios

o BNG convocou concentracións en todo o país hoxe martes as 20 horas para denunciar o terrorismo de estado que pratica Marrocos e amosar a solidariedade do pobo galego co pobo sahariano.

En Ferrol será na Praza de Armas diante do Concello.

Solidariedade co povo saharauí ou propaganda para o BNG. Compañeiros e compañeiras do BNG, amosar a solidariedade non debería buscar reditos políticos. O máis axeitado sería unha convocatoria unitaria. O por non haber tempo, cumpriría unha autoconvocatoria de todas as organizacións e asociacións que qixeran amosar a súa solidariedade co povo saharauí.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon