martes, novembro 23, 2010

Victor Aneiros - Out Jazz- no Teatro Jofre de Ferrol o Sábado 27 Novembro 2010

Tags


Víctor Aneiros levará a Ferrol a presentación do seu último traballo “Brétemas da memoria” inspirado en textos de Ramiro Fonte.

Este concerto que terá lugar o próximo día 27 de novembro, Sábado, no Teatro Jofre, servirá para a gravación dun novo disco-dvd que se editará o próximo ano.

Entre os convidados estarán Mauri Sanchis (Órgano Hammond) e Roberto Somoza (saxo).

O novo disco en galego de Victor Aneiros estreita as marxes entre o blues e a nosa cultura, coa axuda dos poemas de Ramiro Fonte. Pensamos que poucas veces a perda e a melancolía, a saudade en letras grandes, teimas ben recoñecibles do poeta galego, tiveron unha aproximación musical semellante. Cancións como "Autor de westerns", adicado ao cineasta John Ford, ou "Vida bohemia", berro nostálxico da xuventude perdida, fainos entender que a poesía de Ramiro era puro blues. O quinto disco do músico ferrolán é a proba da persistencia dos seus valores, a prol da irmandade entre a música máis negra e o noso xeito de sentir.

Eduardo Galán

Narsés Mira
BABELdeSONS
Ferrol – A Coruña (Galiza)
Móbil: + 34 670 866 230
www.babeldesons.com


Enviado por:
BABEL de SONS
-info@babeldesons.com-
18 de novembro de 2010 22:52
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon