venres, decembro 24, 2010

"Axenda Aberta" de "Boca a Boca"

Por José Torregrosa [*]
24.12.2010


Suso Pazos é un "Furacán Carter" de progresismos e eficacias incansables. Diríase escrito por un Máximo Gorki e debuxado por un Diego Rivera. Toda a súa forza vaiselle corazón arriba, camiño do cerebro, onde ferve a Idea ... Eu admírolle e profésolle un afecto acolloado ... Quen puidese demostrar, ante o mundo, cuarto e metade da súa demasía moral, o seu entusiasmo militante de Esquerda...

Velaí que lle andaba eu chorando sobre o triste que resulta organizar un acto, con todo o esforzo que iso sempre leva, e atoparse con que, en idéntica data, á mesma hora (no mesmo lugar, calquera día destes), hai un segundo e ata un terceiro evento programados, dividindo por tres as posibles audiencias, ninguneándonos os uns aos outros inopinadamente. (Non se trata de contraprogramación senón imprevisto azarado ...) É entón cando este Jesús do gran querer pór termo aos agravios, fálame de "Axenda Aberta", "blog" no que el mesmo participa, nacido no principio do ano. Copio (teño apunte): "Axenda Aberta nace dá iniciativa dun grupo de veciños e veciñas da comarca de Ferrol coa intención de facilitarlle unha ferramenta informativa á nosa comarca consistente na comunicación e anuncio das diversas e futuras actividades a realizar non noso ámbito territorial, ademáis de servir de axenda recompilatoria das actividades das diversas asociacións e colectivos".

No seu deseño "aínda por rematar", os seguintes ámbitos: Concellos, AA. Veciñais, AA. Medioambientais, AA. Sociocomunitarias, OO. Sindicais ... A partir de xaneiro, cando unha entidade desexe organizar un acto, poderá, en "Axenda Aberta", pescudar o mellor momento para facelo ... O novo Pazos é así de "tres nun": compañeiro, amigo e un MacGyver de propulsión a barullo, á hora de atopar as solucións... Bravo, Suso, Ignacio e resto de notables do equipo. Moitas grazas.

Publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol" o Venres, 24 de Decembro de 2010

Bolgue Persoal:
http://josetorregrosa.wordpress.com/
________________

Enlace relacionado:

http://axendaaberta.blogspot.com/
____________________________

2 comentarios

vai mal o enlace de axenda aberta.
Non abre nada.
SAúde!!

Já está solucionado o assunto do enlace mas o sítio ainda nom está inaugurado, só está em provas. A data de abertura é o 1 de Janeiro de 2011.

Saúde e Liberdade !

Inácio


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon