domingo, decembro 26, 2010

Reganosa en Situación de Operación Excepcional Nivel cero - Acción de protesta e denuncia realizada polo Comité Cidadán o pasado 24 de Decembro, ante a entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG

Tags

Segundo a Nota de Operación nº 35 do 23 de Decembro, emitida polo Xestor Técnico do Sistema Gasista -Enagas-, Reganosa entrou en Situación de Operación Excepcional -Nivel cero-  debido aos atrasos acumulados na data de chegada e descarga do buque metaneiro "Cheikh el Mokrani", con 72.000 m3, para á planta de Mugardos que tiña que descargar, segundo o planificado, o pasado 21 de Decembro e agora con data prevista para a tarde do día 24 de Decembro que foi cando descargou.

Continua a nota do Xestor Técnico notificando que "as existencias dalgúns usuarios nesta planta son inferiores a tres días da súa capacidade de regasificación contratada, sendo as existencias do conxunto dos usuarios inferiores a dous días do total da capacidade contratada".

Continua:

"A posibilidade desta situación, que incorre nos casos previstos na Regra 1ª-3 do Plan de Actuación Invernal para a operación do sistema gasista, foi anunciada repetidas veces aos usuarios afectados".

e

"Analizada a situación xeral do sistema gasista, non existe a posibilidade de solucionar os efectos destes atrasos co desvío doutro buque. Xa se interveu en programacións anteriores para facilitar a dispoñibilidade do buque citado. (Ver Nota de Operación Nº 34)" [Nota emitida o 15 de Decembro de 2010].

Polo que a Xestora Técnica do Sistema, decideu:

" ... ante a eventualidade de que o buque citado non puidese descargar o día 24, atrasándose neste caso a manobra até os días 27 ó 28 de Decembro por causa dos horarios de mareas na ría de Ferrol, informado e en coordinación co titular da instalación, declárase:

SITUACIÓN DE OPERACIÓN EXCEPCIONAL - NIVEL CERO

Establecemento dun réxime de produción restrinxido na planta de REGANOSA de 125.000 Nm3/h durante 12 horas diarias, permanecendo o resto do tempo sen emisión, desde as 23 horas do día 22 de decembro, até a data efectiva de descarga do buque, co fin de manter unhas existencias mínimas operativas que garantan a seguridade do sistema na zona noroeste.

As comercializadoras afectadas deberán axustar as súas programacións ás súas existencias reais de gas na planta.

Mantense a atención a toda a demanda programada".

Reganosa permaneceu inactiva desde as 23 horas do pasado 22 de Decembro.


Acción de protesta e denuncia realizada polo Comité Cidadán o pasado 24 de Decembro, ante a entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, voltou de novo a manifestar a súa denuncia e protesta pola entrada dun novo buque cargado con GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa.

O Coordenador do Comité, Manuel Rodríguez Carballeira, "Lalán", na súa intervención, denunciou a situación de Reganosa, a nova intervención do Xestor Técnico do sistema, a anómala e ilegal entrada do buque na Ría e anunciou novas denuncias por estes feitos que poñen en perigo a seguridade e a vida das miles de persoas que moramos na contorna da Ría.



Fontes do video e a galería: Comité Cidadán - Autores: Suso e Amador

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________

Enlaces relacionados:

Normas de Seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saída de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol -Capitanía Marítima - Dirección Xeral da Mariña Mercante - Secretaria Xeral de Transportes - Ministerio de Fomento

Nota de Operación nº 35 - 23.12.2010, emitida polo Xestor Técnico.
Nota de Operación nº 34 - 15.12.2010, emitida polo Xestor Técnico.
_______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon