NOTA DE PRENSA SOBRE SENTENCIA DO SUPREMO (27/12/2010)
(Recurso de casación presentado por Reganosa e Xunta de Galicia)
Aínda que Reganosa e o Presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijoo, celebren a sentencia do Tribunal Supremo e declaren que REGANOSA, é xa unha empresa legal, a sentencia ditada declarando inadmisible o recurso contencioso administrativo interposto pola Plataforma Veciñal da Parroquia de Mehá, NON CONVIRTE EN LEGAL UNHA PLANTA QUE DESDE OS SEUS INICIOS SE SUSTENTA EN ILEGALIDADES MANIFESTAS, e é só unha sentencia máis que evita pronunciarse sobre o fundamental:
Reganosa é unha planta que polas súas características precisa dunha Declaración de Impacto Ambiental -DIA, o mesmo que dun Plan de Emerxencia Exterior. Esixencias que, pola súa perigosidade, só se lle requiren a 10 empresas en toda Galicia, tres delas situadas en Punta Promontorio, no concello de Mugardos.
Hai que lembrar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non só declaraba a admisibilidade do recurso, senón que na súa sentencia entraba no fondo do asunto, é dicir, a Planta de Gas de Reganosa está obrigada á tramitación da Declaración de Impacto Ambiental DIA, da que carece, e non da simple Declaración de Efectos Ambientais DEA, como manteñen os promotores de Reganosa e a Xunta. Nesta sentencia o Tribunal Supremo declara inadmisible o recurso, por estar dirixido contra un acto de trámite, pero non se pronuncia sobre a outra parte, a fundamental referida á Declaración de Impacto Ambiental.
Debemos lembrar que hai 8 contenciosos presentados polo CCE diante dos tribunais. Tamén existe unha sentencia do TSXG que anulou a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que serviu de base para a licencia de construción de Reganosa, e que está recorrida, por Reganosa e a Xunta, diante do Supremo. Tribunal que deberá aínda entrar no fondo do asunto, convertendo en pura propaganda as palabras tanto de Reganosa como do Presidente da Xunta, sobre a legalidade da maioría das actuacións referidas á planta regasificadora.
Ferrol a 27 de Decembro de 2010
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
____________________________
A noticia en Europapress:
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Reganosa
Diante da última Sentenza do Supremo, o Comité Cidadán manifesta que este tribunal non entra no fondo do asunto: ditar sentencia de se a Planta de Gas de Reganosa está obrigada, ou non, á tramitación da Declaración de Impacto Ambiental
luns, decembro 27, 2010
Diante da última Sentenza do Supremo, o Comité Cidadán manifesta que este tribunal non entra no fondo do asunto: ditar sentencia de se a Planta de Gas de Reganosa está obrigada, ou non, á tramitación da Declaración de Impacto Ambiental
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, decembro 27, 2010
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon