xoves, decembro 16, 2010

Concentración contra o peche da delegación da TVG en Ferrol: Venres 17 de Decembro, ás 6 da Tarde

Pola reapertura da delegación da TVG en Ferrol:
ASISTE E AVISA A QUEN POIDAS

Convócase concentración protesta para este VENRES 17 de decembro ás 6 da tarde diante do nº7 da praza das Angustias (diante do local que ocupaba a delegación de TVG en Ferrol)

O pasado 30 de novembro a CRTVG pechou por sorpresa a delegación que tiña en Ferrol e na que traballaban 12 persoas para lle dar cobertura informativa ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O peche da delegación causa un grave dano ó tecido social, económico, cultural, político e deportivo da comarca.

A comarca de Ferrol é a terceira maior área poboacional de Galicia e os seus cidadáns non poden quedar sen este servizo público da Televisión de Galicia e a Radio Galega.

O traslado do persoal que traballaba en Ferrol á delegación de Coruña non vai permitir que se realice a correcta cobertura informativa desta área.

A reestructuración que a CRTVG fixo nas súas delegacións tamén supuxo o peche dos centros de Pontevedra, Burela, Oporto e Bruxelas, así como o despido de medio cento de traballadores. Estas accións están danando a calidade informativa da radio e a televisión públicas galegas, e causando prexuízos a tódolos cidadáns.

Por este motivo CONVÓCASE A TÓDOLOS CIDADÁNS A PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN PROTESTA para reclamar a reapertura da delegación de RTVG en Ferrol.

Día: Venres 17 de decembro
Hora: 6 da tarde
Lugar: Praza das Angustias, nº 7, Ferrol.

acciontvgferrol@gmail.com

Enviado por:

Acción TVG Ferrol
-acciontvgferrol@gmail.com-
16 de dezembro de 2010 01:03
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon