martes, decembro 14, 2010

Mércores 15 de Decembro, ás 12 do mediodía, concentración en Ferrol, convocada pola CIG, contra as últimas medidas socioeconómicas tomadas polo Goberno Español

A Unión Comarcal de Ferrol da CIG, convoca, dentro dunha campaña máis ampla, en coordenación coas outras organizacións comarcais da central sindical nacionalista da Galiza, unha concentración en Ferrol ás 12 do mediodía, nos locais do INEM da Avenida de Vigo, para exixir o mantemento da axuda de 426 euros ás traballadoras e traballadores desempregados.

Este mesmo Mércores 15 de Decembro, hai unha Xornada de Loita na Europa, para denunciar as políticas neoliberais dos gobernos da Unión Europea. "As protestas e mobilizacións están coordinadas pola Confederación Europa de Sindicatos (CES) que rexeita absolutamente os plans de saída impostos pola Unión Europea e presionan para evitar a deriva neoliberal tomada polas institucións europeas, e que pon en risco o propio modelo social europeo. A CES tamén rexeita a directrices emanadas do ECOFIN, que se arroga competencias en materias salariais, laborais e sociais que non ten, pero que presionan de xeito decisivo aos gobernos para que apliquen reformas, como no caso da reforma laboral imposta no estado Español".

A central sindical chama a participar nesta acción de protesta contra as medidas antiobreiras do Goberno Español que hoxe, o Pleno do Congreso dos Deputados, convalidou por maioría, dando-lle o visto bon ao Real Decreto-Lei 13/2010, de 3 de Decembro de 2010, que eufemísticamente se lle chama "de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego" [Entenda-se privatizar empresas públicas rendíbeis, baixar os impostos ao Capital e empobrecer ainda máis ao que é máis pobre, para contentar aos "mercados", ao FMI, BCE, BM, Comisión Europea, ...]. Medidas anunciadas por Zapatero na pasada comisión de control ao Goberno no Parlamento Español do día 1 de Decembro.

Información baseada na enviada por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
14 de dezembro de 2010 19:26
_______________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: 15D, Xornada de Loita en Europa
_____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon