Anuncian a entrada ilegal, na Ría de Ferrol, do metaneiro "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de GNL-LNG para Reganosa que faría o nº 80, desde que en Maio de 2007, entrara o "Galicia Spirit"
Ante a anunciada entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, en Ferrol, unha nova acción de protesta e denuncia, hoxe Venres, ás 7 da Tarde, 24 de Decembro de 2010, que consistirá nunha Concentración sonora, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Características do buque:
Nome: Cheikh el Mokrani - Bandeira: Bahamas - Eslora: 220 m - Manga: 35 m - Puntal: 22.55 m - Calado: 10 m.
Posición actual do buque en alta mar
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
23 de dezembro de 2010 14:58
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon