xoves, decembro 23, 2010

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pùblica de Ferrol, diante da prórroga do convenio entre o Servizo Galego de Saúde e o Hospital Juan Cardona

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

A Pdspf diante do acordo tomado polo Consello da Xunta de Galicia esta semana no que se acorda prorrogar por un ano máis o concerto que o Servizo Galego de Saúde mantén co Hospital Juan Cardona queremos manifestar o seguinte:

Mentres a Xunta de Galicia suspende o compromiso coa Sanidade Pública de investir os 63 millóns de euros para a reforma do Hospital Naval que se faría en tres anos do 2009 ó 2011, nese mesmo período paga o Juan Cardona 40 millóns de euros (máis de 13 millóns cada ano).

A política da Xunta de Galicia na Área sanitaria de Ferrol é a de levala ós tempos nos que eramos a peor área de Galicia tanto en servizos como en persoal. Esta situación mudou coa incorporación do Hospital Naval que permitiu gañar persoal, quirófanos e ampliar a oferta de servizos.

A Xunta de Galicia pretende que a Sanidade Pública en Ferrol teña que depender sempre do Juan Cardona por iso inviste neste Hospital, a través do concerto, pero non inviste no Plan Director do Complexo Público.

Resulta sorprendente que o concerto co Juan Cardona (13 millóns de euros no 2011) supere ó concerto co Centro Oncolóxico de Galicia (11,1 millóns de euros) e mesmo supera en 3 millóns de euros anuais á suma dos concertos co Hospital San Rafael (4,8 millóns de euros) e co Santa Teresa (5,5 millóns de euros) na cidade da Coruña.

Mentres que para a Área Sanitaria non se consigna para o Plan de Alta Tecnoloxía nin un so euro no 2010 e no 2011 o Juan Cardona acaba de mercar unha resonancia magnética de última xeración.

Na Área Sanitaria de Ferrol non se está a poñer en funcionamento o servizo de Diálise de Crónicos que estaba comprometido e que tamén se presta no Juan Cardona.

Desde esta Pdspf queremos denunciar o trato de favor que a actual Xunta de Galicia mantén coa Sanidade Privada Concertada en Ferrol en detrimento da sanidade Pública.

Esta Pdspf demandamos a incorporación do Hospital Juan Cardona á Rede Socio Sanitaria da Xunta de Galicia nunha comarca que escaseza de recursos sociosanitarios.

Demandamos da Administración Pública que se aplique a Lei de Incompatibilidades. Nesta comarca o incumprimento desa Lei é un secreto a voces que a Administración coñece e sobre o que non actúa.

Imos seguir defendendo unha Sanidade Pública universal e gratuíta e opoñéndonos á privatización da xestión tanto de Hospitais como de Centros de Saúde. Imos seguir defendendo que a Sanidade Pública é un dereito e non un negocio como é a pretensión da Xunta de Galicia.

Ferrol a 21 de decembro de 2010.

Enviado por:

avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
22 de dezembro de 2010 08:33
_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon