luns, xaneiro 17, 2011

A Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", denuncia tarifas abusivas no estacionamento do Inferniño

DENUCIA DAS ABUSIVAS TARIFAS ...

A Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", presentamos este escrito no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Ferrol para denunciar o abusivo cobramento nas TARIFAS da Empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.A. , sito no Centro Comercial do Inferniño.

As tarifas mensuais supoñen un encarecemento do 12, 5 % con respecto ao ano anterior ao pasar de 40, 00 € á 45, 00 €. A tarifa diurna pasa dun cobramento de 16, 00 € do pasado ano-2010 aos 25,00 € deste ano, o que representa unha subida do 56 %, que como se pode apreciar, está moi lonxe do IPC anual.

Lembramos que a empresa PORTANOVA PARK S.A. é unha concesión pública do Concello de Ferrol, polo que esta ten a obriga de comunicar a Concellaría de Facenda calquera proposta de alteración de prezos á alza para a súa aprobación.

Esperamos que as nosas demandas teñan resposta do concello co fin de que esta empresa concesionaria cumpra a normativa e Prego de Condicións e así ofrecer aos usuarios todas as garantías legais. Tamén demandamos unha maior xestión ante a falta de limpeza desta instalación, que de seguro, non pasaría unha INSPECCIÓN SANITARIA.

Esta empresa concesionaria ten o compromiso ante o Concello de realizar un investimento de 200. 000 €, tal e como anunciou publicamente o Concelleiro de Facenda para realizar obras de mellora e homologación coa normativa vixente coa posta en marcha de dispositivos mecánicos e electrónicos.

Tamén nos facemos eco das reivindicacións laborais dos TRABALLADORES deste aparcamento o cal pedimos a empresa o cumprimento escrupuloso dos convenios, así como a intervención do goberno local.

Por todo isto,

Demandamos a intervención da Concellaría de Facenda para que realice as xestións necesarias co fin de aplicar o IPC anual nas diferentes TARIFAS e se faga RECTIFICAR a esta empresa concesionaria.

Ferrol, a 12 de Xaneiro de 2011.

Pola directiva:

A PRESIDENTA
Ana J. LÓPEZ DÍAZ
O SECRETARIO

Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
avvorosario@gmail.com
orosario-inferninho.blogspot.com



Enviada por:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
13 de janeiro de 2011 11:20

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon