Hai pouco máis dun ano que, diferentes entidades que cremos na Sanidade Pública, constituímos unha Plataforma na súa Defensa, fronte ó ataque que a actual Xunta de Galicia a está sometendo, privatizando servizos, reducindo os cadros de persoal e camiñando cara ó establecemento do copago.
Aínda que temos feito cousas moi importantes, como a Manifestación do 11 de abril do 2010 na que se mobilizaron milleiros de cidadáns e cidadás, ou contribuír á constitución da Plataforma galega SOS Sanidade Pública, é preciso potenciar a Plataforma e mesmo incorporar a máis entidades.
Por todo iso celebraremos un Pleno da Plataforma o martes 1 de febreiro de 2011 ás 18 horas no local da AV de Esteiro no que consideramos fundamental a asistencia de tódalas entidades que conforma a citada Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
A orde do dia é:
- Informe do traballo desenvolvido desde a constitución da Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
- Renovación dos organismos da Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
- Informe económico.
- Varios.
Agradecemos anticipadamente o voso compromiso coa sanidade pública e a asistencia a citada xuntanza.
Ferrol, a 17 de xaneiro.
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
Asdo./ Salustiano Gómez e Xosé Miguel López, portavoces da Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Ferrol
Enviado pola:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon