Homenaxe a Amada García
Á esquerda, Amada García coa súa filla. Máis abaixo, o seu fillo Gabriel, nos fosos do Castelo de San Felipe, nun acto de homenaxe á súa nai, fusilada aos tres meses do seu nacemento.
O próximo xoves 27 de Xaneiro, ás 17.00 horas, celebrarase no Castelo de San Felipe a ofrenda floral e o acto da homenaxe á mugardesa Amada García, fusilada hai 72 anos por órden das militares sublevados contra o goberno da Segunda República.
A Asociación Memoria Histórica Democrática fai un chamamento aos veciños, asociacións e representantes públicos de Mugardos, Ferrol e bisbarra, para que acudan a este acto, símbolo da barbarie e do fanatismo.
Enlaces:
2 comentarios
con todos os meus respetos pola homenaxe que cada ano se lle rinde a Amada Garcia considero que este ano por parte da Asociación Memoria Historica Democrática non se tivo a sensibilidade adecuada ao facer coincidir o acto cunha xornada de folga xeral.
Agardo que fora un simple despiste e non un acto de provocación por parte dos militantes do PSOE que encabezan esta entidade.
Insisto, creo que esta actitude vai en contra da Homenaxe popular que verdadeiramente se merece Amada Garcia.
Ao anónimo anterior.
Inxénuo de min cando comecei a ler o teu comentario, pois parecia un comentario sinceiro, mais cando chego á segunda parte, ve-se o veneno que levas dentro.
Tés que curar tanto sectarismo, nada bon se pode construír con esa mentalidade.
Non creio que estexa de máis facer a homenaxe o 27 de xaneiro que é o aniversario do fusilamento de Amada Garcia e outros compañeiros.
De feito eu estarei nos piquetes desde as 8 da tarde de hoxe, traballando para conseguir a folga como sempre e mañá penso ir ás 5 da tarde ao Castelo de San Felipe.
Manolo
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon