Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobre ás lista de espera.
Ferrol, 24 de Xaneiro de 2011
Segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde o pasado venres se confirma o que desde a Pdspf vimos denunciando.
Segue a ser Traumatoloxía, o que rexistran unha maior pacientes en lista de espera para cirurxía sen que desde a Xerencia se teña tomado ningún tipo de medida.
Se en xeral se diminúe a espera cirúrxica é grazas á incorporación do Hospital Naval con maior número de quirófanos e de persoal en funcionamento, o que fai diminuír as listas de espera.
Transmítense datos enganosos como no caso de Oftalmoloxía que é a que ten un tempo de espera en cirurxía máis baixo, pero é o que ten maior espera en consultas, polo que os doentes agardan máis tempo para chegar a un proceso cirúrxico se fose o caso. Ten 12 días de espera máis que a media.
En consultas de Traumatoloxía hai 83 días de lista de espera, 18 máis que a media, segundo datos oficiais do Sergas.
Esta Plataforma temos constancia, por reclamacións formuladas por doentes, de tempos de espera en Traumatoloxía de entre 180 e 210 días. Hai que ter en conta que a espera en Rehabilitación e de 90 días, segundo datos oficiais, ó que temos que sumar probas diagnósticas entre a consulta e a cirurxía e posteriormente, en moitos casos, rehabilitación polo que unha persoa que é remitida polo médico de familia a Traumatoloxía, botará máis de dous anos en completar o ciclo.
Tamén hai que ter en conta que hai especialidades, cirurxía cardíaca, cirurxía vascular, neurocirurxía, estudos hemodinámicos, cirurxía plástica, etc, onde hai que derivar ós doentes a outros centros de referencia como ó CHUAC co que as esperas son aínda moito maiores.
Preténdese enganar á cidadanía falando de diminución de listas de espera en consultas, sen dicir que moitas desas listas de espera están pechadas polo que non se inclúen centos de doentes nelas. Séguese a facer unha utilización política das listas de espera.
Tampouco se fala das listas de espera en probas funcionais. Canto tempo ten que agardar un doentes por unha resonancia magnética ? E por unha mamografía?.
Demandamos a aplicación da Lei de Incompatibilidades que impide que persoal do Sergas traballe en Centros Privados Concertados atendendo a doentes do Sergas .
Facemos un chamamento ó conxunto de usuarios e usuarias a que sigan a presentar reclamacións ás listas de espera, tanto no Rexistro Xeral do Hospital como a través do Servizo de Atención ó Doente.
Por último queremos DENUNCIAR a intención da Xerencia do Complexo de, nos vindeiros días, reducir o número de camas de Medicina Interna no Hospital Naval.
Neste momento o Complexo está ateigado de doentes de Medicina Interna, que están diseminados por diferentes servizos do Hospital, e reducir camas no Hospital Naval o que vai a facer que se incremente a derivación de doentes a Centros Privados Concertados, especialmente os de maior idade e maior estancia hospitalaria, que é a política pola que aposta a actual Xunta de Galicia.
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
Enviado por:
Asdo/Salutiano Gómez e X. Miguel López, portavoces da Pdspf
______________
MOI IMPORTANTE - TOMAR NOTA
Ártabra 21: Convocatoria Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol - A Xuntanza do Pleno terá lugar o 1 de Febreiro
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon