martes, xaneiro 04, 2011

Programa especial d'O Recuncho, este Mércores 5 de Xaneiro, de 3 a 5 da Tarde, en Rádio Filispim, no 93.9 da FM

Excepcionalmente o programa radiofónico nº 36 "O Recuncho" de Fuco Buxán AC, realizara-se en directo este Mércores 5 de Xaneiro de 2011, entre as 3 e as 5 da Tarde, en Rádio Filispim, no 93.9 da FM.


O mércores 5 de Xaneiro de 2011, nova edición d'O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.

Excepcionalmente, de 15 a 17 horas no 93.9 fm, Radio Filispim.

Neste programa destacamos os seguintes contidos:
  • Rocío, do Foro Galego da Inmigración estivo reunida coa directiva de Fuco Buxán. Estivonos falando dos aumentos de casos de xenofobia e racismo, aparecidas a partires do estoupido da crise.
  • Entrevistaremos a Mari Morado, presidenta do Grupo Diversidade Funcional de Ferrol, a cal preguntarémoslle dos principias obstáculos que se atopa este colectivo de persoas na nosa cidade.
  • Coma de cotiá José Torregrosa coa súa sección O espertar da razón: “Poetas presos, presos de agora”.
  • No estudo de Radio Filispim: Eliseo Fernández Fernández. Historiador e membro do Ateneo Libertario. Con Eliseo falaremos de Anarquismo e movemento obreiro.
Na sección poética levada por Lorena Calaza: O poeta Andrés Neuman.

Tódolos programas en
www.recunchofuco.blogspot.com

Tlf do programa 981371040

Mail : opafuco@gmail.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
4 de janeiro de 2011 16:56
_______________

1 comentarios so far


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon