O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, considera que a Planta de Gas de Reganosa, contribúe ao encarecemento das tarifas do gas e da enerxía eléctrica.
A PLANTA DE REGANOSA CONTRIBÚE O ENCARECEMENTO DAS TARIFAS DO GAS E DA ENERXÍA ELÉCTRICA
A planta de gas de Reganosa non so e unha instalación ilegal que supón unha ameaza para a vida de miles de cidadáns, o seu funcionamento acelera a destrución da Ría xa que o proceso de regasigficación efectuase coa esterilización de miles de toneladas de auga da Ría, senón que ademais e unha instalación deficitaria, neste ultimo ano a súa produción situouse en torno ao 40%. Esta instalación vai custar a os consumidores 1500 millóns de euros a pagar en 25 anos.
Debemos lembrar que para “xustificar” a planta de gas de Reganosa construíronse en Galicia 3 ciclos combinados que supuxeron a inversión de centos de millóns de euros e que son pagados polos consumidores repercutindo no prezo da factura eléctrica. Estas centrais actualmente apenas en funcionamento constitúen un dos factores que contribuíren a inflar a burbulla enerxética.
Esta disparatada situación so obedece a intereses económicos concretos. Galicia xa dispoñía dende fai 10 anos dun gasoduto que subministraba gas -mais barato- e que agora está pechado para darlle saída ao gas que entra pola planta de Reganosa.
Aportamos o seguinte dato: O solo onde se localiza a planta así como a concesión do porto foron utilizados polo grupo Tojeiro para incrementar o seu patrimonio, transferíndoos a Reganosa cun sobreprezo sobre o do mercado, imputándolle o custo final as instalacións.
Recentemente a Xunta de Galicia inxectou, no capital de Reganosa, 7 millóns euros ante a saída de varios socios .
Polo tanto, os cidadáns non soio pagamos os 1500 millóns de Reganosa a través dos recursos orzamentarios da Xunta, senón que agora o facemos dúas veces tamén a traveso das empresas enerxéticas que engordan os seus beneficios co incremento das tarifas eléctrica e de gas aprobadas polo Goberno de Zapatero.
Ferrol, a 29 de Decembro de 2010
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
30 de dezembro de 2010 20:07
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon