domingo, xaneiro 02, 2011

O "Iberica Knutsen", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol para este Luns 3 de Xaneiro - O Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia

Tags


Ante o anuncio de entrada do "Iberica Knutsen" na Ría, para este Luns 3 de Xaneiro de 2011, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado -GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova acción de protesta e denuncia, cunha CONCENTRACIÓN SONORA, o mesmo día, ás 7 da Tarde na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


De producir-se a entrada na Ría, do "Iberica Knutsen", este faría o gaseiro cargado con GNL nº 81, desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit" [Acceder a enlaces con historia máis abaixo].

Características do buque:
Nome: Iberica Knutsen - Bandeira: Noruega - Eslora: 277 m - Manga: 43.4 m - Calado: 12.1 m - Puntal: 26 m - Capacidade: 138.000 m³

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de janeiro de 2011 22:26

____________________________

De moito interese:

En Xaneiro do pasado ano 2010, o "Iberica Knutsen" estivo descargando outras miles de toneladas de GNL/LNG en Mugardos, no pantalán de Punta Promontorio.

O compañeiro Suso Pazos -Susete, realizou unha reportaxen fotográfica de toda a maniobra do buque metaneiro, desde que enfilou a súa proa face a Ría para atravesar a sinuosa e estreita canle de entrada, até as perigosas maniobras de atraque, onde se pode apreciar a proximidade dos núcleos de poboación aos que ameaza Reganosa, sempre que um buque cargado, con gas natural licuado, atraca nom perirao da Planta de Gas.

Esta é a Galería Fotográfica.


Enlaces con historia:
_______________________________________

1 comentarios so far

Terá algo que ver este olor peculiar que hai por ferrol que se asemella á " marihuana" coa planta de gas??? onte olía e coincide coa chegada dun gaseiro! non sei a min comeza a preocuparme que é o que estamos a respirar porque marihuana non é!
un saúdo e ánimo coa labor que facedes!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon