venres, febreiro 25, 2011

Documento-Censura: Todo o que calou "La Voz de Galicia" o mes pasado ...

Documento-Censura: Todo o que calou La Voz de Galicia (LVG) o mes pasado…

Téñeno, máis polo miúdo, aquí. Máis debe saberse, antes de nada, que esta exposión de censura, desinformación, contrainformación e intoxicación non é máis que a punta do iceberg dunha manipulación informativa constante.
  • No Día Mundial da SIDA, na Galiza pechábanse casas de acollida e tamén delegacións da TVG...mentres "La Voz de Galicia" (LVG) pechaba...os ollos.
  • A cadea fianceira norteamericana Bloomberg acusou a Rodrigo Rato de ser culpábel da crise económica actual.
  • O material de Abalar só está en castelán, denunciouno a CIG, para todos menos para quen lea LVG.
  • Os días 3 e 4 denunciouse o incremento do paro; LVG ou calou ou salientou "a parte positiava" (sic) do dato.
  • Mentres Xornal salientaba as implicacións galegas no Gürtel ... LVG só falaba das valenciás .
  • A Xunta xestiona datos, de emigrantes galegos, en centros privados ... Excepto para quen lea LVG!
  • O superdelegado en Ourense autorizou unha obra prohibida por Patrimonio. En LVG non, aí os do PP nunca fan nada mal.
  • O informe PISA botou por terra as argumentacións baseadas en prexuízos contra o galego no ensino, LVG afanouse en manter a boca ben pechadiña neste asunto.
  • Galiza, na listaxe negra da UE por incumprir a REDE NATURA. LVG tratou de quitarlle todo o ferro posíbel á noticia.
  • A xustiza dá a razón ao BIPARTITO no caso das licenzas de construción en Barreiros. Por dúas veces, porque tamén a xustiza decide investigar a Xaquín López (que denunciara ao xornal EP, ao BIPARTITO e Unións Agrarias). LVG sempre calou.
  • LVG só se dignou recoller nun breve a denuncia pola censura dun artigo da CIG que deixaba mal á Xunta. Iso é ter vergoña?
  • A visita de Leire Pajín a Santiago trouxo polémica ... pola pouca cortesía/diplomacia de Feijóo o Atrasador, LVG volveu quitar ferro a unha metedura de pata máis, de Feijóo, que o resto da prensa salientou.
  • A CIG gaña os comicios no ensino. LVG recoñece, de mala gana e brevemente, porque a poder ser non se pode publicar nada da CIG en LVG, como pasou coa reivindicación dos 426 euros.
  • Logo da victoria da CIG, Xornal ou Galica Hoxe volveron sobre o tema, mesmo entrevistando a Anxo Louzao. Outra ocsión para LVG calar.
  • O día 8 o xulagado mandara desaloxar a casa okupa das Atochas, LVG negárase a informar do caso, mais o  día 12 cebouse de regusto informando dos incidentes causados ... na procura de alarma social onde os okupas sexan vistos como terroristas
  • Caso Wikileaks: hai prensa seria que ve aí unha loita en prol da liberdade de expresión e un movemento social apoiándoos, LVG pretende desmontar/desautorizar/desmovilizar todo ese movemento de apoio.
  • Moito tivo que traballar LVG para presentar como victoriosos os datos da enquisa para as municipais que a mesma LVG encargara ... e que deron como resultado que o PP non logra facerse co goberno de ningunha cidade; como fixeron?, pois faceno unha lectura en plan eleccións autonómicas!
  • Denuncia, en EP; contra Ferroatlántica (Villar Mir) polo caso da fervenza do Ézaro.
  • Caso AVE, Blanco cala a boca a Feixó, titulaba Xornal. LVG, outra volta, maquillaxe correctora para que non se notara nada.
  • A tiranía da transparencia, chama a atención este artigo de opinión en LVG; remedio: a tiranía da censura de LVG!
  • A ILP de Queremos Galego, outro silencio de LVG, no seu lugar intoxica con esta enquisa.
  • Austeridade feixoana,  24 cargos seguirán cobrando máis que o Presidente, en EP porque LVG cala.
  • Máis sobre o paro: mentres Galicia-Hoxe denuncia que Feixó bota a culpa do paro a ZP (e o bipartito), e Xornal outro tanto igual que EP, LVG titula de xeito que Feixó se vexa como vítima!
  • "Memoria histórica", "Coruña" e "represaliados" son palabras chave que non aparecen en LVG, non é cousa que lle interese a inicitaiva dos represaliados coruñeses que o PP rexeita. O Concello de Ponteareas boicotea a publicación do ensaio de Victoria Martins sobre a Sección Femenina, agás en LVG, aí o PP nunca fai nada malo!
  • Débeda autonómica. Mentres Xornal escribe como medra a débeda autonóminca galega, igual que Galicia-Hoxe e tamén EP, LVG, no seu exercicio de desinformación mete foto de Zapatero e centra o seu artigo na xubilación aos 67, engadindo outro artigo sobre o inxusto salario mínimo español, manifestacións de Merkel e rebaixa na calificación de Irlanda, así, que o endebedamento de Galiza medrara con Feixó pasa desapercibido.
  • O "equipo de Samuel Juárez" paga 42.000 euros por plaxiar un informe, leuse en EP.
  • Máis manipulación e mentira. Caso "un home, un cargo" Isto é manipulación, non incultura. Lean agora o titular de Xornal, comproben como o de LVG deixaba entreler unha mentira: que no PSdG proliferan os cargos. Outra: comproben os traballos de LVG para meter na nómina de aproveitados a Touriño, mentres non fala de Fraga ou de Albor, por exemplo.
  • Dependentes: LVG empeñada en lavar a cara da Xunta feixoana botando a culpa a Madrid; se se le en Xornal, A Xunta destina a dependencia o 21% menos que o estado.
  • Xosé Manuel Blecua defende a inmersión lingüística; LVG fai dúas noticias porén evita mencionar a defensa da inmersión como método.
  • Lese en Xornal que o código ético do PP leva máis dun ano sen se aplicar na Galiza. A LVG tampouco lle interesa o tema.
  • A Xunta amplía a concesión estruturas que está condenada a derrubar, sóubose por Xornal.
  • Miren que maneira de denunciar de LVG, que maneira de denunciar sen denunciar porque a mesma noticia se ocupa de desmentir de forma que a denuncia (de que Educación non cobre vacantes do profesorado) fique desactivada. Como traballa esta xente!
  • Alcoa, sen plans de emerxencia, mais se les LVG podes estar tranquilo que non o saberás.
  • Reaccións ao discurso do Rei. Vexan como Galicia-Hoxe informa das reaccións ao discurso do rei Xoán Carlos. Vexan agora como LVG se esforza en calar todo o relativo ao BNG e EU mentres utiliza Eukadi para endurecer a minusvalía da oposición.
  • Tempo de espera na sanidade. Mentres Xornal denuncia que o tempo de espera na Galiza é maior que no resto do estado, LVG dá púlpito a Beatriz Mato.
  • O Tribunal de Contas investiga o Marineda City, agás en LVG, que non é parte interesada no asunto....
  • Mentres a RAG inaugura o ano Lois Pereiro, LVG ignora a noticia e trae outra sobre Ramón Piñeiro..
  • O soldo do alcalde de A Merca: sóbese o soldo, infórmase en EP , en LVG infórmase de que (outros) critican ( polo tanto eles non critican); iso si, segundo La Región só cobrará a metade do soldo. Isto parece un consurso de mentiráns!
XA SABEN:
CENSURA? AGORA É CANDO, "LA VOZ DE GALICIA" É ONDE

http://xmeyre.blogaliza.org/2011/01/12/documento-censura-todo-o-que-calou-la-voz-de-galicia-o-mes-pasado/


Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
25 de fevereiro de 2011 11:41
_______________________

Enlace de intereese:

Os Sen Voz
 de Galicia
Associacións de cidadáns, ecoloxistas e socioculturais agrupadas diante dos silencios, censura e manipulación do Grupo Voz en Ferrol Terra
os-sen-voz.blogspot.com
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon